Os de Silvaoscura (48)
Falando de prosistas precisos e metódicos no asunto das descricións, escollo sen dúbida a miña prima Ana, que, sendo unha nena de menos de dez anos, co gallo do traslado familiar a Fuerteventura, enviou unha carta á súa avoa -miña tía Pura- na que, entre outros detalles non menos salientables, sinalaba o feito de que no seu novo fogar había "mesas, cadeiras, garfos, culleres e coitelos". Aínda hoxe, transcorridos os anos, é difícil dar cun novelista que saiba retratar tan ben as interioridades dunha casa exánime imprevistamente habitada por familia galega en transo emigrante.
Engado, con orgullo, que a miña prima, xa licenciada en Filoloxía, amosa agora habelencias descoñecidas para a pintura. Teño na habitación un cadro da súa autoría. Perante a falta de título, dei en chamalo "muller negra espida abrazando os xirasois de Van Gogh". Agardamos agora o retrato da tía Pura.