Os de Silvaoscura (47)
Ao Rachelo de Fontebranca non lle gustou a cidade. Demasiada xente e demasiados coches, por non falar do moito que o abouxaban os rapazolos que berraban polas rúas -"Faro de Vigo! Faro de Vigo!"- cunha voz aguda e persistente que a el lle soaba a ameaza. Farto de tanto rebumbio, decidiu volver á terriña pacífica da que nunca debera saír. Non tiña cartos para o coche de liña, así que botou a andar con absoluta decisión, guiándose tan só polos paus da luz. De poste en poste, avantando valados e agatuñando polos muros, percorreu, sen necesidade de estradas, os case cen quilómetros que o arredaban do sol morno de Fontebranca.
Talvez o Rachelo xa intuía que lle conviña manterse afastado das vías públicas. Morreu uns anos máis tarde, atropelado por un camión.
Talvez o Rachelo xa intuía que lle conviña manterse afastado das vías públicas. Morreu uns anos máis tarde, atropelado por un camión.
5 Comments:
Por aquí pola miña terra tiñamos a Juanito dos Santos (o Paquito el relojero de Los gozos y las sombras, que tamén era un grande andador...
Dende logo pola tua bisbarra estades ben servidos de personaxes.
No Porrinho hai un que lle chaman "El Correcaminos" que tamen sobe e baixa da sua parroquia Chenlo ao centro do Porrinho varias veces no dia(unha distancia de seis quilometros).
Eu oin dicir que cando lle morreu un irman toleou e botou anos buscandoo dende Chenlo ao Porrinho e pasou o tempo e quedou co costume de andar pero xa non preguntaba polo irman.
Un caso triste onde os haxa non coma o teu Rachelo que parecia un home coas ideas ben claras, determinacion a proba de canon e un sentido da orientacion envexable.
Un saudo do home da voz misteriosa.
coitado o Ranchelo, deume pena que morrese atropelado porque sentín que a vía gañaba a loita que él le presentaba camiñando...
O Rachelo tamén me trae á cabeza outro personaxe ó que tampouco lle gustaban as cidades nin o ruído que xeneraban e pasaba por elas sen decatarse. Ao chegar á casa preguntábanlle si lle gustara a cidade e el respostaba sempre o mesmo: -Bueno si, alí polo centro non estaba mal...
Unha aperta grande.
:)
Saúdos a todos. Acedre, moi bonita e moi triste a historia do Correcaminos do Porriño.
Publicar un comentario
<< Home