Os de Silvaoscura (46)
Era moi coñecido o Chafandín que bailaba nas verbenas, sempre coa Xosefa de Marnotos. Aínda son moitos os que lembran aquela parella singular, a muller enérxica de ollos semipechados, o home cun só brazo e a chaqueta polos ombros.
Porén, hoxe prefiro falar do Chafandín xubilado, incrédulo perante a inminente pensión que lle anunciaba a carta do Ministerio de Traballo. Din os que o viron que, chegado o intre da primeira mensualidade, o famoso bailarín entrou no banco de Vilavidal e pediu humildemente que lle pagasen o que seica lle correspondía. O empregado da sucursal comprobou a documentación e principiou a entregarlle, billete a billete, a cantidade establecida. O Chafandín sentíase tan abraiado que pouco faltou para que os ollos lle escapasen da caveira. Cando viu que a cifra empezaba a superar o que el cría xusto, atallou o contador e dixo:
-Para aí; xa non preciso máis.

10 Comments:
Un post excelente, Veloso.
Unha preguntiña indiscreta: ¿é ficción ou realidade?
Recoñezo que devezo porque digas que é real. A vida sería máis doce con personaxes como os que tan ben describes.
Parabéns polo blog.
O Licor fantástico, iso é xustiza poética e o demais son caralladas. Xa falaremos máis polo miúdo cando a presentes na de Naufrago. Parabéns.
O post carraludo, si señor.
fermoso!!!! eu quero vivir en Silvaoscura!
Silvaoscura, é unha vila peculiar, con personaxes singulares e o bailarín Chafandín (rima e todo) non ía ser menos.
Un beijo.
:)
Esta personaxe merece un monumento pola boafe e a humildade que rezuma.
Ogalla o mundo estivese cheo de Chafandins !!!.
Benvido, Larvós, é un pracer atoparte por aquí. Sobre a pregunta que fas, nada indiscreta, direiche que ata agora todo o que escribín é relato fiel do que vin ou escoitei aos meus vellos, é dicir, pura historia da realidade de Silvaoscura e os seus arredores.
Graciñas, Folerpa, vémonos na de Náufrago e falamos, a ser posible con licor.
Torredebabel, Marinha, Acedre, moitísimas grazas pola constancia, a paciencia e os folgos que sempre me dades. Un saúdo para todos.
Que lujo tener la capacidad de decir: "Xa non preciso máis"
Eso es vida.
Un saludo.
Noraboa polo teu blog Veloso, coma nas orquestas, pídoche unha de contrabandistas.
Continúa o comentario anterior.
De seguro que pola proximidade á raia teñas algunha vivencia.
Un abrazo. Non cambies.
Justameamin
Queda prometida a de contrabandistas, aínda que antes terei que conversar co meu avó para que me refresque unha historia que lle teño oído algunhas veces. Saúdos.
Publicar un comentario
<< Home