Licor da abelá con xeo
Hoxe toca un pouco de autobombo. Xa está nas librerías "Licor de abelá con xeo", a novela finalista do Premio Lueiro Rey. Agradezo moi sinceramente a Sotelo Blanco Edicións o bo traballo que fixeron e agardo que vos guste aos que teñades a amabilidade de lela. Quero facer constar que na imaxe da lapela saio, para o meu modo de ver, máis gordo do que son, pero xa se sabe que a fotografía ten ás veces estas pequenas traizóns.
15 Comments:
noraboa, camarada. que sexa de proveito para ti. para min... xa che contarei cando o lea :-)
Ya tengo una cosa que hacer esta tarde... Ir a la libreria y comprar un libro que seguro me encantará!!!
Enhorabuena!!!
Estou desexando lela. Por certo, non tiña nin idea de que eras ti este "Veloso". ¿Sabías que ese é o meu segundo apelido? Encantárame Os ollos do Rei de Copas. Vouno ler, xa. Parabéns.
Graciñas, Chu, pola confianza de hoxe e a de sempre.
Beizón, Ollo da Vaca, espero que a dixestión desta noveliña non se lle faga moi pesada a ningún dos seus catro estómagos.
Grazas, Artipractor, agardo que che guste e que non atopes demasiados síntomas de descomposición.
E grazas mil, Náufrago, por lembrarte do vello Rei de Copas. Agardo que, ademais de compartir apelido, poidamos tomar pronto unha copiña de licor de abelá. Saúdos a todos.
Eu tardarei un pouco en lela pero podes contar comigo.
Nunca pensei que por este medio ia conhecer escritores e todo.
Un saudo.
O "Licor de abelá con xeo" faise de rogar hoxe busquei en dúas librerías e nada, terei que mirar na "licorería"?. Sabes dalgunha librería onde de seguro está??.
PARABENS!!! por esa brevaxe que de seguro será ben sabrosa.
Unha aperta.
:)
Parabéns pola novela.
Supoño que tardarei menos en lela que Acedre ;), pero non ha de ser xa mesmo... Non creo que sexa doada de conseguir nestas terras. En canto volte a Galiza.
Unha aperta.
Perdoame e consulta o meu blogo.
Marinha, polo que me dixeron, a distribución comezou esta semana, así que imaxino que non ha tardar. Graciñas pola confianza.
Grazas tamén a Hojas de Hierba. Unha aperta dende Zamora a Extremadura.
Acedre, grazas tamén a ti. Acepto a proposta. Vou pensar nas cinco manías (aínda que creo que teño cinco mil) e a ver se hoxe mesmo as escribo. Unha aperta.
Parabéns Rei de Copas!!!!!! en canto o vexa na miña libraría mercoo de contado. A crítica comentareina auqí.
Unha aperta
ai Veloso!!! quen me dera cinco minutos máxicos en Galicia para poder mercala. Pero son paciente e xa a teño apuntada na lista de libros para cando volva á terra. Sei que os fans que non leen os libros non poden tomarse moi en serio, pero -ainda que me leve moito tempo- eu vou a coñecer todos os teus e os dos outros amigos do blomillo. Apertas e un tren de parabens!!!!!!!
Parabens, amigo.
Procurarei pasar o antes posible pola galeria Sargadelos, que seguro que alí a atoparei...
Bicos.
Satine, Folerpa, Torredebabel, Muralla, moitas grazas a todos. Agardo as críticas e os comentarios. Unha aperta.
aúnome ás noraboas, de sejuro h^a de ter proveito...será lida...
Graciñas, Txari, un saúdo moi cordial.
Publicar un comentario
<< Home