Uns días de vacacións
Faltan cinco horas para o comezo oficial das miñas vacacións. Quero agradecer aos amigos deste blog (Chu, Pantelas, Acedre, Folerpa, Marinha, Torredebabel, Satine, Txari e todos aos que poida esquecer por culpa do sono que aínda teño) a súa compaña durante este tempo. Agardo que nos atopemos de novo dentro duns días, cando xa sexa 2006. Bo Nadal e unha aperta para todos.
11 Comments:
Veloso, que tañas unhas vacacións marabillosas e, cando sexa 2006, estarei nesta beira do Atlántico agardando polas tuas histórias. Apertas e bo ano!
Jooo, cheguei un pouco tarde?? sendo así mil desculpas. Ainda que espero poder quedar para tomalo café.
Unha aperta.
:)
Bo Nadal! Espero que desfrutes das vacacións!
Algún de vos quedou con Veloso??.
Boas festas e feliz entrada de ano 2006.
Apertas a todos dende o cíber da Praza da Princesa, en mañá soleada en Vigo. Marinha, ao final non recibín correo ningún. Normal, dadas as datas en que estamos. De todos os xeitos, se vou a Santiago fareicho saber.
Que che presten meu :-)
Casualidade austeriana: Eu pasaba diante do Ciber camiño da biblioteca central namentres ti escribías.
Fue un placer conocerte en este tu intervalo de vacaciones!
:)
Gustoume moito coñecerte e compartir conversa contigo.
Un beijo
:)
Acabo de entrar e xa estou namorada do teu blogomillo.
Espero que en S. Santa ou no verán poida incorporarme a un cafetiño con vostedes, porque Vigo non está lonxe de Portosín. Barcelona sí.
Un milleiro de bicos.
Publicar un comentario
<< Home