Propoño
A quen poida interesar, comunico que vou estar en Vigo os días 21,22, 26, 27, 28 e 29. Se vos animades e non vos queda moi lonxe, podemos tomar un café, por exemplo no histórico "De Catro a Catro" ou no "Cosmos" ou no "Sete Mares" ou no que propoñades. Un saúdo para todos.
Ah, agardo que Acedre e Torredebabel non poñan como excusa para non vir iso de que están noutro continente.
Ah, agardo que Acedre e Torredebabel non poñan como excusa para non vir iso de que están noutro continente.
9 Comments:
home, qué manía tendes o blogueiros de sempre facer as xuntanzas en Galicia!!! co lindo que é Bos Aires nestes días... e coido que tamén acedre terá moitos bares fermosos nos que poderíamos xuntarnos.
Falando en serio (o outro tamén ia en serio ;-) ), non sabes canto sinto non poder estar en Vigo eses días... nada quero mais neste momento da miña vida que saude para o meu fillo e uns días na terra.
Pero xa chegará!
Apertas!
Non entendo. Primeiro dis"...e non vos queda lonxe" e despois que a distancia non vale de excusa.
Eu a unica excusa que tenho e esa que iria ben a gusto. Eu son do Porrinho e quedame a man e con tantos dias a escoller malo seria.
Para xullo xa farei eu a proposta esa.
Saudos.
Vale, vale, todo chegará. Un saúdo matinal. Por certo, luar espectacular en Zamora, cousa linda, de verdade.
E non pasarás ningún día pola cidade do Apostol?.
:)
Marinha, pois si que teño pensado ir un día a Santiago. Se andas por aí, tomamos un café nalgún bareto da zona vella e así rememoro os meus anos de estudante, no milenio pasado.
Pensa que grazas ás abellas obreiras temos o mel. Xa teño un motivo máis para ir á Costa da Morte. Un saúdo.
Por certo, quen queira e poida quedar que me escriba a silvaos@terra.es e xa falamos.
opes, em vigo recomendoche o máis-palá, tem um acceso ao piso d´arriba claustofóbico, e deija uma apariencia de bohemia impecable, entre maría verdiales no caleijom enfrente dos cines, nono perdas...!!!!
É verdade, outro histórico o Máis-palá. Cando sobes as escaleiras pensas nas posibilidades que tes de escapar en caso de incendio e a continuación xa te abandonas á bebida. Un saúdo, Txari, grazas pola visita.
Publicar un comentario
<< Home