lunes, noviembre 21, 2005

Novidade

Interrumpo brevemente as historias de Silvaoscura para facer saber aos amigos deste blog que o sábado me comunicaron a miña condición de finalista do XIII Premio de Novela Curta "Manuel Lueiro Rey". O texto publicarase nos próximos meses dentro da colección de narrativa da Editorial Sotelo Blanco.

Aproveito a ocasión para felicitar ao gañador do certame, D. Manuel Riveiro Loureiro. O xurado estaba composto por D. Xesús Alonso Montero, D. Manuel Quintáns, D. Paulino Pereiro, D. Francisco Martínez Bouzas e D. Armando Requeixo, aos que agradezo moi sinceramente a súa confianza.

6 Comments:

Blogger Veloso said...

Graciñas, Ali. Recoñezo que estou a ter un dos luns máis fermosos da miña vida, e non só polo excelente gol de Canobbio.
Pero nada é duradeiro. Esta tarde teño que levar o coche á revisión e seguro que lle atopan algo.
Bicos dende as terras de Viriato.

12:55 p. m.  
Blogger folerpa said...

parabéns meu amigo, acabo de oílo no Diario cultural da RG e emocioume oir a voz dos de Silvaoscura.
Outro blogueiro que sairá
do prelo.
pararabéns novamente e unha forte aPERTA.

4:08 p. m.  
Blogger acedre said...

Noraboa !. Xa sabia eu que tinhas madeira de escritor. Aledome por ti e podo imaxinar como estaras de contente. O que non podo imaxinar e o rebulir das personaxes de Silvaoscura no seu mundo de fantasia.

5:11 a. m.  
Blogger Veloso said...

Moitas grazas, Folerpa e Acedre, pola vosa confianza. Supoño que na entrevista do Diario Cultural se notaba bastante que estaba nervioso e non sabía qué dicir, pero, en fin, parece que aos de Silvaoscura lles gustou oír que falaban deles. Unha aperta

8:23 a. m.  
Anonymous Anónimo said...

Moitas felicidades! Oxalá se cumpran todos os teus / nosos soños. Estou moi orgullosa de ti. Quérote un montón.

Alguén de Silvoscura.

6:33 p. m.  
Blogger Veloso said...

Graciñas. Sabes que eu tamén te quero moito. Aínda que anónima, imaxino quén podes ser. Algún día que nos vexamos e teñamos un ordenador diante, tesme que axudar a poñer algunhas fotos de Silvaoscura, para engadir imaxes a toda esta borracheira de palabras.

10:12 a. m.  

Publicar un comentario

<< Home