Os de Silvaoscura (19)
Ignoro as razóns polas que veu vivir a Silvaoscura unha muller cubana chamada Benita. Ademais dunha filla, a Carme da Cruz, trouxo falas e acentos nunca antes vistos no noso lugar, e iso que xa estaban todos máis ou menos afeitos ao castelán irregular e madrileñizado das irmás Xocas.
Ao pouco da súa chegada, Benita xuntouse co Eduardo, un veciño que sufría horribles xaquecas e que, por esta razón, levaba case sempre un pano atado á cabeza. A cubana, preocupada pola súa saúde, dáballe consellos no seu doce sotaque de ultramar:
-Come judías, Eduardo, dice el doctor que comas judías.
O pano pirata non puxo remedio ás dores. Pola contra, estas foron en aumento. Unha noite, cando xa toda a aldea durmía, Benita petou nas portas dos veciños. Contan os que a viron que estaba tranquila, digna, elegante.
-Falleció Eduardo.
Pode que non sexa unha gran historia de amor, pero sempre sentín admiración pola serenidade con que Benita comunicou ao mundo a morte do seu compañeiro.

4 Comments:
Advertising In RSS Feeds
As publishers have moved towards monetizing RSS feeds, their have been vibrant discussions as to whether advertisements in feeds are viable or whether they will drive subscribers away.
Hey, you have a great blog here! I'm definitely going to bookmark you!
I have a
premature ejaculation pill site. It pretty much covers premature ejaculation pill related stuff.
Come and check it out if you get time :-)
Non sei que é mellor se o teu relato ou spam este sobre como incrementar a calidade do seme.
Noraboa polo blogue, día a día estas construíndo unha obra maior da nosa literatura dixital.
Triste fin para unha historia de amor.
Coincido con Folerpa; estas escribindo unha boa obra literaria.
Ogalla eu puidese facer igual.
Saudos.
Graciñas, Folerpa e Acedre, polas vosas opinións, que me animan a seguir contando as historias de Silvaoscura. Un cordial saúdo.
Publicar un comentario
<< Home