Os de Silvaoscura (18)
Non coñecín ao Avelino do Tellado, pero teño oído falar moito del. Segundo contan, debía de padecer algún retraso psíquico, iso que a xente adoita resumir en "non era ben avisado" ou, aínda máis simplemente, "non era ben". Este Avelino, polas razóns que fosen, desenvolveu un profundo anticlericalismo, cousa perigosa nos tempos que vivía. As súas escasas luces e as circunstancias da época fixeron que a súa teima se manifestase dun xeito sumamente orixinal: cada vez que pasaba á beira dun crego, berraba coma un corvo, nunha maneira sutil e á vez clara de insultar ao ensotanado.
Pero sucedeu que o cura do Pao, que xa daquela se desprazaba en motocicleta, non levaba ben que o comparasen con paxaros de mala sona. Sentindo que o Avelino se puña a grallar ao seu paso, baixou da moto e deulle ao pobre infeliz unha malleira que o deixou eivado por moito tempo.
Ben pensado, non merecen os corvos que os igualen a semellantes bestas.

0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home