Os de Silvaoscura (20)
As irmás Eduvixe e Hermesinda, solteiras as dúas, deixaron frases que aínda hoxe se empregan nas xuntanzas familiares e outras ocasións de retranca. Hermesinda, por exemplo, laiábase de que xamais tivera pretendentes:
-Nunca tiven quen me dixese nada, nin para ben nin para mal.
A súa irmá, en troques, tivo unha filla, froito dunha paixón efémera. Iso foi, claro está, no tempo da mocidade. Pasados os anos, a Eduvixe converteuse nunha anciá serena e amiga de sentenzas. Así, non lle gustaban nada as novas modas do vestir e sempre se queixaba da falla de pudor das mozas que gastaban minisaia. Un día, un veciño rexoubeiro, farto daquela conversa, atallouna:
-Pois ti levabas a saia ben longa e aínda así certáronche do sitio.
-Ai, pero foi só unha vez.

1 Comments:
Boisimo coma sempre.
Por que falara sempre o que ten menos que ranhar ?.
Eu conhecin a unha tamen que fungaba contra as rapazas, que eran isto, aquilo e de porcas para arriba...e ela era solteira con dous fillos que non se parecian entre eles.
A esta certaronlle co buraco duas veces so.
Publicar un comentario
<< Home