Os de Silvaoscura (22)
Daquela os rapaces ían á escola, axudaban nos traballos do agro, levaban as vacas a pacer e procuraban os seus primeiros xornais a unha idade que aínda ninguén chamaba adolescencia. Se tiñan algo tempo, gustáballes ir onde o ferreiro e tentar, sempre inutilmente, erguer a zafra coa que traballaba.
De cando en vez, pasaba pola aldea un home de Fontebranca que tiña dous nomes, Jorge no libro do bautismo e Sergio na decisión unánime dos veciños, que lle debían atopar semellanza a algún devanceiro así chamado. O caso era que aquel home, ao que moitos lembran polo seu carácter alegre e bondadoso, tiña o costume de parar un pouco na do ferreiro e erguer a zafra cos seus fortes brazos, talvez pola pequena felicidade que causaba esta proeza aos ollos dos rapazolos de Silvaoscura. Consumado o prodixio, o de Fontebranca sorría pacificamente e seguía o seu camiño.
Eran os anos trinta, pouco antes da guerra. Sergio era home feito; Manolo, un dos rapaces que o admiraban, soñaba co día en que el tamén había ser quen de erguer a engra. Ningún dos dous sospeitaba que, pasados os anos, chegarían a ter un neto en común, este que hoxe ceiba na rede as historias da xente de Silvaoscura.

2 Comments:
Bonita lembranza dos teus avos.
Os meus vivian lonxe un do outro e pouco se conhecian.
Estas recreando un mundo cheo de heroes populares tan nitido que semella que seguen ai.
Un saudo dende estas chairas conxeladas.
Graciñas, Acedre, como sempre. Acábote de ver ao carón do leñador do Canadá. Soábame a historia, talvez dalgunha película de debuxos animados da miña infancia. Un día destes terei que aprender a incluír fotos no meu blog, que estou quedando algo desfasado. Un saúdo.
Publicar un comentario
<< Home