martes, diciembre 13, 2005

Os de Silvaoscura (30)

O Gumersindo aínda non atopou moza. As que coñece non lle acaban de encher o ollo. Algunhas parécenlle listas de máis; outras de menos. Pero tanto ten. O Gumersindo sabe agardar. É o que leva facendo os últimos setenta e cinco anos. De cando en vez, mentres agarda, ceiba algún pensamento:
-O que non bebe viño é porque é parvo.

7 Comments:

Blogger folerpa said...

- Máis o é o que non atopa moza. Retrúcalle o seu vello compañeiro de espera.

7:37 p. m.  
Blogger Laurindinha said...

Unhas demasiado parvas e outras demasiado listas... Que bo, que sarcástico!

9:06 p. m.  
Blogger Marinha de Allegue said...

Seica Gumersindo escolle coma o trigo na semente, fáltannos datos del...

10:35 p. m.  
Blogger torredebabel said...

dille a Gumersindo que non deixe de agardar. O meu home esperoume mais de 3 anos e eu espereino todala vida... Apertas Veloso! fasme o día mellor do que é cando atopo unha história de Silvaoscura.

11:41 p. m.  
Blogger acedre said...

Non sei se me da pena o Gumersindo por non topar moza ou se aledarme polas mulleres que non remataron casando co Gumersindo. De todolos xeitos parece que ten o vinho de consolo.

5:16 a. m.  
Blogger Marinha de Allegue said...

Veloso. Que lle pasa ao blog de Chu que non poido entrar dende fai uns días?.
:)

11:30 a. m.  
Blogger Veloso said...

Marinha, eu entro ben. De todos modos, xa lle mando un correo por se hai algún problema.

11:51 a. m.  

Publicar un comentario

<< Home