Os de Silvaoscura (32)
Co gallo do aniversario daquel famoso e espectacular asasinato.
De pequeno, gustábame xogar cun elefantiño de goma. Chamábase Fernando na honra dun camioneiro do Picouto ao que eu admiraba pola súa habilidade para conducir aquel monstro pola nosa inaccesible costa. O meu elefantiño sufriu algún accidente do que non lembro nada, pero si me acordo que as súas orellas orixinais foron substituídas por unhas de veludo azul que lle fixo a miña nai e que o converteron nun animal extraordinario e sempre sorrinte, moi superior en beleza a calquera outro proboscidio.
O día de que falo, despois de estar horas vendo as célebres imaxes na televisión (o vello e infalible aparello de General Eléctrica Española que tiveron os meus avós durante trinta anos), collín a Fernando, metino nunha caixiña de zapatos e baixei con el á herdade. Alí, co sacho co que tanto me gustaba traballar, cavei na terra ata facer un burato non moi fondo pero suficiente para deixar nel caixa e elefante. Os meus pais, ao verme atarefado, amosáronse intrigados:
-Que estás a facer?
-Acabo de enterrar a Carrero Blanco.

4 Comments:
tamén ainda teño á miña Lulu, o gato negro e a "Cindy bailarina", un pouco estragados, pero sempre fermosos. Graciñas pola historia!
Eu non tenho peluches nin nada polo estilo. Tenho uns Madelman e o resto dun exercito de mais de mil soldadinhos de plastico que puiden achantar fora do alcance de minha nai, afeizoada a regalar os meus xoguetes a outros nenos.
Ao que ia, os Madelman naufragaban coma Robinson Crusoe e logo os soldadinhos agabeaban polos Madelman coma se fosen liliputienses enriba de Gulliver...
As minhas personaxes eran literarias e non reais. Eu non tinha tanta imaxinacion.
Pobre elefantiño...
Pois eu aínda teño unha Nancy, bonecas sen pedigree, un pato, barriguitas e un tente... O Pato é o máis vello (26: que vella son xa!)...
non sei onde estará o que saiu voando, pero o outro estará con certeza no ceo dos elefantes. seguro que con aquelas orellas tamén podia voar. provou?
Publicar un comentario
<< Home