Os de Silvaoscura (34)
Avelino, curmán do meu pai, tiña sona de home de poucas falas. Ninguén lle coñecía moza nin sabía das súas intencións matrimoniais. Un día, sorprendeu ao seu pai (o tío Xosé Rouquiño, xa falamos del algunha vez) cunha pregunta inesperada:
-Para a semana caso. Mercarei traxe novo ou aínda me valerá o que teño?
O tío Xosé non era persoa que se deixase levar polas emocións efémeras.
-Compra traxe -dixo.
Ningún dos dous engadiu nada.
-Para a semana caso. Mercarei traxe novo ou aínda me valerá o que teño?
O tío Xosé non era persoa que se deixase levar polas emocións efémeras.
-Compra traxe -dixo.
Ningún dos dous engadiu nada.
9 Comments:
Jajaja... iso si que é tomarse as cousas con filosofía...
Bicos.
Avelino creo que non pedía opinión realmente, afirmaba. Quen nalgunha ocasión non informou sen pedir opinión...??.
Unha aperta.
:)
Unha voda, que intriga...
Xa estaba necesitando histórias de Silvaoscura!!!! E sobre a voda de Avelino, home, qué mais decir se xa tiñan traxe novo e todo dito, non si??
Buen consejo el del Tío Xosé, para que decir más?
Pois si que son escuetos o Avelino e o tio Xose. Tamen unha cousa e verdade: a bo entendedor, poucas palabras.
E este escrito teu fixome lembrar un chiste dun mozo que era mui porco e ia casar e dixolle ao pai: Pai, vou casar e non tenho calzons. Deixasme os teus ?.E o pai tirou de calzons e pasoullos. O fillo quedou mirando para eles e dixo: Pai, eu nunca puxen calzons e non sei como van. E soltalle o pai: Mira que es papan ti. A mancha amarela para adiante e a marron para atras.
Un pouco porcos si que eran.
Bos días a todos. Hoxe traio unha catarreira espectacular. Menos mal que o chiste de Acedre conseguiu que espertasen os músculos da cara. Saúdos a todos. Tendes sorte de que os blogs non transmitan esta clase de virus.
Veloso seica ta precisando unha masaxe sanadora...
Un beijo de saúde.
:)
Sempre o pensei, Satine. Total, non creo que tivese moitas máis ocasións de poñer traxe. Un saúdo.
Publicar un comentario
<< Home