Os de Silvaoscura (35)
O Antonio é o máis novo dos sete fillos da miña bisavoa Xoana. Segundo di el, "porque morreu o facedor, senón aínda sería o do medio". O caso é que cando a miña avoa e as súas irmás eran mociñas en idade casadeira, o tío Antonio aínda era un neno inocente que tiña medo pola noite, cando as sombras da habitación se transformaban nunha vella que estaba todo o tempo a escribir.
Cada vez que viña á casa algún pretendente, o cativo sentíase na obriga de impresionar o visitante e axudar así nos proxectos amorosos das irmás. Non era estraño que interrompese os galanteos con aparicións que aínda hoxe se festexan.
-Mozo, mira que penico máis curioso temos.
Noutra ocasión, estando a miña avoa cun posible candidato, oíuse a voz aguda do irmán pequeno, preocupado pola economía doméstica:
-Concha, bautizaches o leite?
Cando chegue o verán, poderedes ver o meu tío Antonio, co seu pelo branco e os seus cento trinta quilos de peso, paseando pacificamente pola praia de Samil.

6 Comments:
Pois ese candidato seguro que liscou: casa onde bautizan o leite non e de fartura.
Un saudo e a cuidarse desa catarreira.
Bautizalo leite decíanlle ás pícaras, e bautizalo viño decíanlle ao cantinero que lembranzas...!.
Saúde.
:)
na miña casa a leite non a bautizamos pero non penso que sexa cousa terrible porque tampouco bautizamos ao neno, entón, o asunto da leite será menor, penso eu. Apertas ao tio Antonio!
Ha ha ha... Co do penico seguro que o pretendente quedaría impresionado coa fartura da casa...
Cada vez que abro un cartón de leite do chamado desnatado ou semi-desnatado, penso que, obxectivamente, ben se podería chamar bautizado ou semi-bautizado. Sería unha terminoloxía máis axeitada. Saúdos a todos.
permiteme que che suxira que desenroles aquela anecdota do mesmo persoaxe de que falas neste relato, consistente e que recen chegado a Venezuela, os seus irmans Elias y Pepe Merellas tiñan que deixalo atado a cama, porque toda-las noites se escapaba pra ir durmir coa veciña que habitaba no barracon do lado.
Publicar un comentario
<< Home