jueves, febrero 09, 2006

Os de Silvaoscura (44)

No San Xoán, entre a capela e o palco da música, vive un carballo egrexio e feliz. Plantárono no ano 57 o tío Xosé Rouquiño e o meu pai, que daquela era un rapaz de 17 anos que estaba a piques de marchar para Venezuela. Durante todas estas décadas, o carballo asistiu a verbenas, sardiñadas, amores, sacramentos e bágoas. Ao seu carón pasaron pulpeiras históricas e orquestras de sona. Deu sombra a devotos da misa maior e a bebedores de vermú. Fíxose amigo do santo da pel de camelo, ao que acompaña gozoso no seu retiro. Aprendeu a dividir os anos en festas de cinco días e soidades de trescentos sesenta.
De cando en vez, algún camiñante para a beber auga na fontiña da beira do palco e a sentar un pouco ao sol da tardiña de Fontebranca. O carballo do San Xoán segue firme sobre o seu pedestal de cemento, agardando.

8 Comments:

Blogger Artipractor said...

Y esperemos que dure muchos años más!!!
Un saludo

7:52 p. m.  
Blogger torredebabel said...

ainda que sempre gustáronme as árbores, so cando souben que tería un fillo dei en ollar con máis atención nelas. Descobrin a fortaleza dos "Palos Borrachos", a maxia dos Aromos, esa cousa rara que teñen as Palmeras. E, claro, na nobreza dos carballos. Este gustoume especialmente porque ten moito que contar. Apertas!!

8:56 p. m.  
Anonymous Anónimo said...

O carballo en cuestión ten leria polo que contas, e digo eu si falaran moitos deles...
Unha aperta.
:)

12:52 a. m.  
Blogger acedre said...

Que boas amigas son as arbores e que mal trato lles damos.
Ogalla este carballo dea sombra no San Xoan por muitos anos.

4:28 a. m.  
Blogger folerpa said...

Por fin teño o teu licor de abelá. 40 páxinas e estou enganchado, a historia flúe soa coma un río.
Gusto moito do parágrafo da pax. 30 cando deixas escapar a imaxinación polos montes da Gudiña, nesas esceas hai algunha novela en potencia.
Seguirei informando. Noraboa.

11:40 a. m.  
Blogger Veloso said...

Saúdos a todos. Alégrome de saberme rodeado de amigos das árbores. A ver se me acordo de buscar unha frase moi fermosa de Manuel Lueiro Rey a este respecto.
Folerpa, mil grazas polas túas palabras. Alégrome moitísimo de que che guste o sabor do licor de abelá.

1:55 p. m.  
Anonymous Anónimo said...

Eu xa empecei tamén a "saborealo licor de abelá con xeo" e ten moi bó paladar.
Unha aperta.
:)

9:58 p. m.  
Blogger Laurindinha said...

Parece mesmo que estás describindo a miña aldea...Palco da festa, fonte, carballos, igrexa ou capela, rosquillas, música... Mmmmm... que chegue xa o verán!

1:51 a. m.  

Publicar un comentario

<< Home