viernes, enero 27, 2006

Os de Silvaoscura (40)

O luns, a primeira hora da mañá, a miña prima Susana tivo un accidente mentres ía de Silvaoscura a Ourense. O coche esvarou no xeo da estrada e foi bater lateralmente contra un muro. Por fortuna, a cousa quedou en susto grande, fractura de ombreiro e golpe no cocote. "Alégrome de que na familia teñamos a cabeza tan dura", díxenlle por teléfono. E alégrome aínda máis, neste tempo de néboas, de que entre as variedades do azul sigamos a ter a luz pacífica e fermosa dos ollos da miña prima Susana.

2 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Todo ten o seu proveito ves...
Alégrome de que non fose máis que un susto.
Unha aperta de saúde para Susana e outra aperta máis para ti Veloso.
:)

1:02 a. m.  
Blogger acedre said...

Os sustos forman parte da vida e hai que afrontalos como o que son e aprender deles.
Eses ollos azuis quedaran na minha mente como unha mirada cara ao futuro de Sivaoscura.

4:43 a. m.  

Publicar un comentario

<< Home