lunes, junio 30, 2008

Presentación

A novela titúlase "Os nomes do traidor". Presentarémola na Feira de Libro de Vigo o venres, 4 de xullo, ás 20:30 horas. Acompañaranme Belén López e Manuel Bragado.
Estades todos convidados.

martes, junio 17, 2008

Xa era hora de poñer fotos neste blog


miércoles, junio 11, 2008

Tres anos

Este domingo, 15 de xuño, fanse tres anos dende que botou a andar este Rei de Copas. Aproveito a efemérede para agradecer a compaña e para convidar a unhas cañas a quen lle cadre pasar por Zamora. Por un lado quedo ben e por outro, como é previsible que non sexan moitos os que poidan, non lle causo estragos de máis ao meu orzamento.

martes, junio 03, 2008

Sonsonetos para pasar o tempo (6)

Xa remata a primeira xuventude.
Fagamos balance dos corenta anos,
seguramente demasiado oufanos,
máis cheos de desdén que de virtude.

Talvez sexa hora de que todo mude,
de non escapar máis dos desenganos.
Haxa vida, aínda que veñan danos.
Arrisquemos, e que Deus nos axude.

Borrémo-lo rostro das amadas
que nunca chegamos a bicar.
Esquezamos por fin as alboradas

de amor intenso pero singular.
Rexeitemos dunha vez as parvadas
desta mísera existencia exemplar.