miércoles, julio 09, 2008

Principian as vacacións

Paseino moi ben. Viñeron moitos amigos, algúns dende ben lonxe (graciñas especiais a João, a Yoli, aos portoavieiros, a Aniña Acuña, a Lourdes de Redondela, ao vello compañeiro Roberto...). As palabras de Belén López e de Brétemas foron moi agarimosas e emocionantes. Contei tamén coa compaña de dous ilustrísimos blogueiros, os amigos Folerpa e Paideleo. En fin, foi un gran día. Podería (talvez debería) falar da novela, do asunto da identidade e do asedio ao que se ve sometido o protagonista, pero a verdade é que o corpo só me pide palabras de gratitude.
Déixovos por un mesiño e pico. O venres empezo as vacacións e marcho cara a Silvaoscura. Saúde para todos.
Por certo, quen queira escoitar algún textiño de "Os nomes do traidor" que escoite esta semana o Diario Cultural da Radio Galega.