viernes, marzo 09, 2007

Casares

Houbo un rapaz de vinte anos que entrou na sede da Editorial Galaxia co orixinal dunha noveliña debaixo do brazo. E houbo un pequeno gran home que o acolleu con amabilidade, que leu a noveliña e que lle deu consellos sabios e intelixentes.
O home pequeno segue a ser un dos máis grandes. Morreu hai cinco anos. Aquel rapaz, xa non tan rapaz, estaralle agradecido sempre. Grazas, Casares, alá onde esteas.

Por certo, unha aperta a todos os amigos do blogomillo. Non vos esquezo.