Casares
Houbo un rapaz de vinte anos que entrou na sede da Editorial Galaxia co orixinal dunha noveliña debaixo do brazo. E houbo un pequeno gran home que o acolleu con amabilidade, que leu a noveliña e que lle deu consellos sabios e intelixentes.
O home pequeno segue a ser un dos máis grandes. Morreu hai cinco anos. Aquel rapaz, xa non tan rapaz, estaralle agradecido sempre. Grazas, Casares, alá onde esteas.
Por certo, unha aperta a todos os amigos do blogomillo. Non vos esquezo.
O home pequeno segue a ser un dos máis grandes. Morreu hai cinco anos. Aquel rapaz, xa non tan rapaz, estaralle agradecido sempre. Grazas, Casares, alá onde esteas.
Por certo, unha aperta a todos os amigos do blogomillo. Non vos esquezo.
9 Comments:
Home, ben por renacer...
Estrañámoste.
XulioDRabal
Qué ledicia! non agardaba esta sorpresa ainda que, claro, sí a agardaba. Graciñas Veloso por vir por acá! e graciñas por non te esquecer dos amigos cibernéticos. Fermosa lembranza, coma sempre. Apertas moitísimas!
Eu a ti tampouco te esquezo e que ben volver a verte por aquí e contar esas cousas :) Un bico.
Aínda que supoño que esta visita é excepcional, alégrome de poder ler un post seu despois de tanto tempo. Saúdos.
Que ben¡¡ .Por fin en pe.Levaba varios meses agardando isto.Cando penetrei por primeira vez neste blogge(xaneiro)so pensei :¿cando volverá a este a vida(blogge)?.E de alí en diante,cada puco,visitábao para ver se volveras ou non a escribir.¿Respostasme esta pregunta?:-¿Eribirasnos máis,ou volverás a esconderte?
Outra aperta e temos que darlle as gracias a Carlos Casares por facr o miragre de que apareceses neste mundo dos blogos.
¡Volta connosco!
Que ledicia leerte de novo!!!.
Unha aperta enorme.
:)
Finalistas dos premios AELG 2007
NARRATIVA: dz ou o libro do esperma, Samuel Solleiro; Licor de abelá con xeo, Xurxo Sierra Veloso; O club da calceta, María Reimóndez; Os libros arden mal, Manuel Rivas.
Bueno, imaxino que non virás por aquí a cotío coma antes, pero por se algun vieiro che trae de novo, que moitos moito parabens!! que sinto orgullo de lectora e fan de que esteas nesa lista. Apertas ao lonxe!
Publicar un comentario
<< Home