martes, diciembre 12, 2006

Ata máis ver

Un ano e medio de blog, ducias de conversas, miles de palabras. Non vos podo enganar: creo que xa abonda. Chegou o momento de poñer remate a este "Rei de Copas". Se me perdoades o tópico, podemos dicir aquilo de "non é un punto final; tan só un punto e seguido". O caso é que pecho a fiestra satisfeito e agradecido. Grazas a este espazo, tiven o pracer de coñecervos e de falar convosco. Puiden, ademais, contarvos algunhas historias da miña xente. Fíxeno sempre con absoluto agarimo, con ánimo respectuoso. Agardo que vos gustasen e pido perdón se a alguén lle pareceron mal os meus contiños ou as miñas opinións.
Envío unha aperta chea de gratitude aos compañeiros do Blogomillo, aqueles cos que aprendín e seguirei a aprender cada mañá. Grazas a todos pola vosa xenerosidade. Oxalá as vacacións de Nadal nos permitan compartir cafés e conversas.
Permitídeme que os derradeiros golpes no teclado sexan para escribir, unha vez máis, ese nome querido, moribundo e invencible. Digamos, pois, Silvaoscura.

28 Comments:

Blogger torredebabel said...

Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

1:51 p. m.  
Blogger Moralla said...

URRAAAAAAAAAAAAAAAA
urra polo rei de silvaoscura,
escritor e amigo onde os haxa
un bico de Yoli

1:53 p. m.  
Blogger torredebabel said...

Botareiche de menos moitísimo. E non son quen de engadir nada mais...

1:53 p. m.  
Blogger besbe said...

a onde vas alma de dios!!! te estoy vigilando, lo sepas. Foi un pracer coñecer á xente de Silvaoscura da túa man :) e agardo o punto e seguido.

Unha aperta e un bico mozo!!!

2:22 p. m.  
Blogger Marinha de Allegue said...

Teño que admitir que me da moita mágoa mais todo ten o seu momento. Foi unha bendición, gracias ao "Rei de copas" descubrínte Veloso e tiven o grato pracer de coñecerte e ir disfrutando coas historias de Silvaoscura, que xa che dixen, que algún día irei alá. Seguimos en contacto.

Unha aperta grande e boa.
:)

3:25 p. m.  
Blogger paideleo said...

Non fastidies !!. E agora como vou saber da xente de Silvaoscura ?. Xa me tarda o teu regreso.
Un saudo.

11:55 p. m.  
Blogger bouzafria said...

Laméntoo. Botarei de menos entrar eiquí. Un saúdo.

1:37 p. m.  
Blogger folerpa said...

Botaremos en falta a xente de Silvaoscura e ao seu cronista.
Unha aperta

6:27 p. m.  
Anonymous Anónimo said...

É unha mágoa ter que agardar a que isto siga, aquí ou onde queira.
Que rematara para sempre non o vou pensar sequera.
Deica e vémonos.

6:41 p. m.  
Blogger caravelete said...

Oes, que o punto se é punto e seguido é que segue (con outro asunto, nouto momento ou o que sexa) pero segue, xa dírás onde e cando...

Saúdos

11:48 a. m.  
Anonymous Anónimo said...

Linte de cando en vez, mesmo deixei algunha mensaxe. Pareces un tipo legal. Pena que te vaias. Un saúdo e até sempre.

1:19 p. m.  
Anonymous Anónimo said...

também apreciei muito conhecer teu pessoal de silvaoscura. E um pedacinho dessa terra maravilhosa que eu ainda hei de conhecer pessoalmente. Felicidades.

3:24 p. m.  
Blogger Basho said...

Não, ho!!! Eu quero, não, DEMANDO, a minha ração de Os de Silvaoscura. Estás certo do que vais fazer? Mira que sempre espaciar as entradas, mas isso de abandonar-nos é duro... Venha, home!

5:05 p. m.  
Blogger Basho said...

Uma última questão: o número da última entrega de Os de Silvaoscura foi escolhido a posta???? ;P

5:07 p. m.  
Blogger cneirac said...

:-(

8:01 p. m.  
Blogger XESÚS MANUEL MARCOS said...

Xa nos seguiremos a ver nos libros. Polo menos eu si o seguirei a vostede.
Ánimo e a seguir tecleando. Será unha boa forma de que Silvaoscura non morra.

11:47 a. m.  
Blogger X said...

Laméntoo.

11:57 a. m.  
Blogger Silvio Falcón said...

Que vaia ben, polo mundo adiante.

4:28 p. m.  
Blogger Laurindinha said...

Botarei de menos ós habitantes de Silvaescura... :(

3:36 p. m.  
Blogger besbe said...

Parzival, se non foi adrede foi un bo remate. Veloso, vas ter que sacar pan e chourizos para toda a xente que anda por esta casa túa.
Un bico, rapaz!!

11:39 a. m.  
Anonymous Anónimo said...

Ai que mágoa, señor!
Pois agardamos pola volta.
Unha aperta ben forte.
A+M+m+e

7:36 p. m.  
Blogger paideleo said...

Boas festas Veloso.

12:15 a. m.  
Blogger Veloso said...

Moitas grazas a todos. Unha aperta.

9:36 a. m.  
Blogger X said...

Tarde, mal e arrastro, seino, pero aínda así quero desexarlle un bo ano. Saúdos.

11:26 a. m.  
Blogger Sol Costas said...

Cousas de O Grove, Crónicas de un pueblo.

Dirixentes do PP levan ao xulgado a dous blogs de Cambados e O Grove.
Desde fai xa algún tempo proliferan en Internet as páxinas web, blogs e foros nos que cuestiones de política municipal arousá son as protagonistas dos debates. Lugares nos que os veciños non teñen reparos á hora de criticar actitudes e obras dos gobernos locais e, ás veces tamén, dos partidos da oposición. Cambados e O Grove protagonizan un gran número destes espazos e, os seus dirixentes, a maioría das críticas. Pero o que a uns lles fai graza, a outros non lles gustou nin un pelo. Dirixentes do PP destas dúas localidades levaron ao xulgado aos blogs camba2.blogspot.com e ogrobe.blogspot.com.

O blog do Grove recolle noticias da información local, con comentarios que engade o propio autor da páxina. A eles súmanselles tamén as opinións dos internautas que, libremente, escriben en cada unha das noticias.

7:49 p. m.  
Blogger X said...

Non lle entra saudade?
Nin unha pouquiña?
Saúdos.

10:08 p. m.  
Blogger X said...

Vese que non.

7:04 p. m.  
Anonymous Anónimo said...

All free
free credit report
free free
free layout
free chat
free bingo
free dating
free hot layout for you
free

3:56 a. m.  

Publicar un comentario

<< Home