martes, octubre 24, 2006

A Ourense

O venres, 27 de outubro, ás 11 da mañá, no Salón de Plenos do Concello de Ourense, levarase a cabo a entrega do Premio Risco de Creación Literaria, que, como moitos sabedes, este ano recaeu na miña novela "Os mércores de Fra". É un acto público, así que se algún de vós anda por Ourense e quere escapar da choiva, o Concello pode ser un sitio tan bo como calquera outro.
Aproveito a ocasión para manifestar o meu agradecemento a Sotelo Blanco Edicións polo seu magnífico traballo. Chelo, Xabier, é un pracer colaborar convosco.
Isto dos premios literarios non deixa de ser unha feliz casualidade, polo que prefiro, dentro da gratitude, non darlle demasiada importancia. Ademais, non esquezamos unha circunstancia: só se fan públicas as vitorias. De non ser así, moito temo que non me chegaría o blog para lembrar todos aqueles certames aos que me presentei sen éxito.

10 Comments:

Blogger Moralla said...

Ola Xurxiño!! Marabilloso que recibas o premio na túa terra dourada (e nesta época algo mollada). Por certo, o sábado, na Galega, recomendaron o teu libro no programa cultural MIRAXES! parabéns. Agardo a túa próxima entrega sexa tamén premiada, e tamén en Auria, como non! Ana experimenta coa acuarela, eu, co pastel, veremos que lle parece a María....
Unha aperta do demo

12:31 p. m.  
Blogger paideleo said...

Noraboa, campión !.
Seguro que o mereces. Non creo que me cadre de estar por Ourense (temos cita do pediatra) pero conta coa miña ledicia.
Por certo, falas mui ben cando dis que só publican as victorias.

12:40 p. m.  
Anonymous Anónimo said...

Evidentemente non estarei alí, e gustaría en Vigo ( onte, sen batería no móbil. Chámote, Xurxo )

2:19 p. m.  
Anonymous Anónimo said...

PARABNENS!!! merecidos sen dúbida. Non estarei en Ourense, mais desde aquí un aplauso grande grande e unha aperta tremenda.

:)

3:15 p. m.  
Blogger besbe said...

Noraboa outra vez, e a ver se fan esas cousas a horas nas que se poida ir (falo por min). E ti síguete presentando, que seguro que caen moitos máis e a algún asistirei, dios mediante :)

3:56 p. m.  
Blogger torredebabel said...

PARABENS!!!!!! como son a tua fan mais fan da diáspora, estarei en Ourense co pensamento e coa ledicia de saber que hai premios literarios que chegan onde teñen que chegar. Apertísimas!!

11:31 p. m.  
Blogger folerpa said...

Parabéns de novo, xa me tarda ter o libro nas mans.Agardo que axiña os teus dedos galopen lixeiros sobre o teclado. Unha aperta.

10:13 a. m.  
Blogger Desorde said...

Norbaoa!!!

11:31 a. m.  
Blogger máis alá said...

Parabéns, xa teño gañas de coñecer eses mercores.

2:56 p. m.  
Anonymous Anónimo said...

PARABENS, Xurxiño meu!

Devezo por ler eses Mércores! Gostaria-me estar en Ourense o venres pra dar-che unha aperta.

Dende Albacete, un saudo (alxebraico) de A+M+m+e

10:24 p. m.  

Publicar un comentario

<< Home