Os de Silvaoscura (65)
Cando vexo na televisión a velocidade con que os mecánicos da Fórmula 1 enchen os depósitos e trocan as rodas, recordo o caso do carteiro do Pao, que pasaba decote por Silvaoscura no cumprimento do seu traballo. Sen baixar tan sequera da mula, tomaba o vaso de viño e a pataca seca que lle ofrecía o señor Antonio Xoque, recuperaba forzas, conversaba brevemente co seu xeneroso amigo, enviaba o último grolo e seguía camiño, disposto a levar por toda a parroquia as cartas que chegaban de Arxentina ou Venezuela.
7 Comments:
Prezado "xangarelo": Son Yoli, a poeta e pintora, lembra que Ana e máis eu temos algo pendente contigo!! E por certo, xa teño blog!!! visítao:
http://moralla.blogspot.com
Só levo dous posts, acabo de inauguralo!dálle tempo pra xulgalo.
Unha fonda aperta, agardo verte pronto! Yoli :-) Presento libro o 22 de novembro na Granell, xa te avisarei!
Todo un profesional en boxes.Arrebatador.
Grazas polo teu comentaro! e lembra que non só licor...temos tamén pendente unha partida de cartas!! ;-) Y
moito menos encantador é este asunto dos e-mails, nos tempos que tocan agora...
Fermosa historia... e fermoso blog.
ALMIRAL MOUCHEZ
Todo ten o seu encanto, só hai que saber verllo, creo eu...
Unha aperta grande.
:)
Graciñas polo comentario e a mensaxe telefónica.
Publicar un comentario
<< Home