lunes, junio 26, 2006

Proposta

Pouso os dedos sobre o teclado e sinto a tentación de falar de asuntos irrelevantes (explicando, por exemplo, por que non son escritor, máis que nada por seguir o interesante fío lanzado por Náufrago e Folerpa) ou relevantes (como unha idea fabulosa da que tiven noticia hai pouco: a homenaxe aos fusilados no Alto do Furriolo), pero a moita preguiza amoreada durante estas semanas de sofá, calor e excesos futbolísticos impídenme escribir co raciocinio desexable.
Limítome, pois, a anunciarvos que dende o vindeiro día 1 de xullo e ata o 6 de agosto, co gallo das miñas inmerecidas vacacións laborais, estarei en Galicia. Repartirei o meu caótico tempo entre Vigo e Silvaoscura, con algunha posible escapada a Santiago de Compostela e talvez á Coruña. Se algún dos amigos do blogomillo quere e lle cadra ben, para min sería un pracer compartir café e conversa. Avisádeme a xsv@usal.es e falamos. Pasádeo ben, coidado nas estradas, xeito nas verbenas e moderación nos licores. Unha aperta para todos.

13 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Pois en canto se che acabe a preguiza, cóntanos por que es escritor.

4:57 p. m.  
Blogger Marinha de Allegue said...

Que ledicia!!, cando veñas por Santiago, chama e quedamos.

Unha aperta grande.
;)

5:31 p. m.  
Blogger torredebabel said...

bueno, non vou estar en Galiza neses días (e non será porque non quera) pero sempre sigo por este lado da pantalla e da outra beira do Atlántico. Que sexan boas vacacións!

2:05 a. m.  
Anonymous Anónimo said...

Festival Paredes de Coura
Norte de Portugal
(cerca de Vigo)
Entrada geral 70 €
Dia 15
Morrissey
Fischerspooner
Broken Social Scene
White Rose Movement
Madrugada
Gomez

Dia 16
Bloc Party
Yeah Yeah Yeahs
Eagles of Death Metal

Dia 17

Bauhaus
The Cramps
!!! (chk chk chk)
Shout Out Louds

Mais nomes a confirmar

Para informações detalhadas: www.paredesdecoura.com

7:58 p. m.  
Anonymous Anónimo said...

Festival Paredes de Coura
Norte de Portugal
(cerca de Vigo)
Entrada geral 70 €
Dia 15
Morrissey
Fischerspooner
Broken Social Scene
White Rose Movement
Madrugada
Gomez

Dia 16
Bloc Party
Yeah Yeah Yeahs
Eagles of Death Metal

Dia 17

Bauhaus
The Cramps
!!! (chk chk chk)
Shout Out Louds

Mais nomes a confirmar

Para informações detalhadas: www.paredesdecoura.com

7:58 p. m.  
Anonymous Anónimo said...

Festival Paredes de Coura
Norte de Portugal
(cerca de Vigo)
Entrada geral 70 €

Dia 15

Morrissey
Fischerspooner
Broken Social Scene
White Rose Movement
Madrugada
Gomez

Dia 16
Bloc Party
Yeah Yeah Yeahs
Eagles of Death Metal

Dia 17

Bauhaus
The Cramps
!!! (chk chk chk)
Shout Out Louds

Mais nomes a confirmar

Para informações detalhadas: www.paredesdecoura.com

7:59 p. m.  
Anonymous Anónimo said...

Agardo pola nosa pendente "quedada" no espolón da praza da vila, ou arrabaldos...
Boas vacances !

XulioDRabal.

11:40 p. m.  
Anonymous Anónimo said...

Boas vacacións, pásao ben.
unha aperta

4:57 p. m.  
Blogger X said...

Deséxolle as mellores vacacións. Un saúdo.

9:35 a. m.  
Blogger acedre said...

As vacacións sempre son merecidas.
Fago unha escapada á biblioteca para consultar o correo e o blogo e podo dicirche que penso iniciar o meu novo blogo cando instale internet na casa.
Agora ando liado entre papeleo con emigración, INEM; logo médico, matrona, preparar habitación para Leo, visitas, xantares familiares, etc, etc.
Tomo nota do teu enderezo de email para quedarmos algún día destes.
Ah, merqueille o licor de abelás ó meu pai polo seu santo.
Un saúdo.

12:33 p. m.  
Blogger besbe said...

Apareceu o desaparecido :)

1:31 a. m.  
Anonymous Anónimo said...

Where did you find it? Interesting read blonde spreading pussy lips registrar avs video converter 4.1 play slot for money Ford+truck+seat+cover Photo of ultram Audiophase portable mp3 cd player Emergency medicine malpractice cases forex rate h3 chrome roof rack xxx voyeur underground

11:05 p. m.  
Anonymous Anónimo said...

Very nice site! »

10:34 p. m.  

Publicar un comentario

<< Home