Misterio no correo electrónico
Non sei se algúns dos que ledes este blog oístes falar da miña lexendaria sona de torpe. Pois ben, a fama obedece a unha triste realidade: a absoluta ineptitude que teño para calquera actividade que requira unha mínima habilidade. Tal é así que a miña amiga Tere creou un neoloxismo na miña honra, "axurxado", especialmente dedicado para aquel que se pon perdido co chocolate ou que deixa caer o xeado ou que tarda dez minutos en amalloar os zapatos.
A miña última xesta ten que ver coas novas tecnoloxías. Non sei que fixen, que tecla pulsei ou deixei de pulsar, que estraguei as bandexas da conta de correo electrónico que tiña en Terra. Despois do estupor inicial, decateime de que, entre outras cousas, o estrago implicaba a perda dos enderezos duns cantos amigos cos que mantiña contacto postal. Así que, por favor, Marinha, Artipractor, Roberto, Nemeth e todos os que agora esquezo por puro axurxamento, rogo que, cando poidades, me escribades a xsv@usal.es para poder recuperar a conversa electrónica.
En fin, de agora en diante prometo ser máis coidadoso cos asuntos do teclado. Graciñas a todos.

8 Comments:
Encántame o neoloxismo, "axurxado"... xDDDD
Home, todo ten arranxo.Menos, claro, a morte. Se o/a webmaster é atento/a, mándalle un correo dicindo que chos recupere. E non pasou nada.
Neste mundo de persoas, todos cometemos cafradas, e despistes.
Saudíños...
XulioDRabal
poucas cousas dan tanta angustia coma a perda das cousas que gardamos nos ordenadores, correos e CDs. Pero tamén, poucas cousas podemos remplazalas tan rápido... Apertas e non teñas medo que os enderezos van volver!
axurxados somos moitos, non te preocupes; pero sempre hai un amigo que che bota unha man nestas cousas e todo ten arranxo. Faille caso a XulioDRabal que sabe desas cousas.
Todos temos algo de axurxados (eu no meu blogo xa ponho que ando probando as novas tecnoloxias antes de que caduquen elas ou eu.
Menos mal que esta Ana para fuchicar no trebello este.
Un saudo e animo coa pelexa que non estas so.
Xa che mando e-mail cunha cousiña...
Unha aperta.
;)
Mandareiche o meu email, aínda que sempre é mellor o teléfono.
Your site is on top of my favourites - Great work I like it.
»
Publicar un comentario
<< Home