Os de Silvaoscura (57)
Chéganme novas do inminente casamento do Luís Alberto do Carraguedo. Aínda que non teño moito trato con el, deséxolle unha feliz vida matrimonial. Se non me engano, ao casar el, este que aquí escribe é o único que permanece felizmente solteiro dos sete rapaces que fixemos a primeira comuñón o 15 de maio de 1977. Xa falei nalgunha outra ocasión de tan memorable día, coa desculpa de lembrar e homenaxear ao noso especialísimo D. Xaime, párroco de Penosiños. Hoxe, co gallo da voda do Luís Alberto, recordo tamén os que compartiron comigo fotos e protagonismo. A miña prima Julita, a quen debo algúns dos consellos máis sabios que recibín na adolescencia, aparece no retrato con ollos de sono e a cara practicamente desaparecida no carapuchiño do vestido. A Esperanza de Calvos, coa súa face xa daquela anxelical, ensaia un proxecto de sorriso que non dá disimulado unha palidez talvez atribuíble ao flash da cámara. A Rosa de Vilanova, filla do Sousa, amosa firmeza e determinación nos beizos finos, como se xa soubese das alegrías e cambadelas que lle reservaba a vida. Vexo tamén a un rapaz chamado Jorge, tocaio meu por tanto, que semella algo máis vello e gallardo cós outros; penso que nunca máis o vin, aínda que teño oído que vive en Venezuela e ten familia de seu. Está asemade o Xosé Manuel de Calvos, alcumado o Cabazo, con tranquilidade e paz de espírito absolutas, digno precursor do actual, pai de fermosa familia numerosa. Está, por suposto, Luís Alberto, de pel moura, miudiño, orelliñas exteriores e ollos curiosos.
Ah, aínda hai outro raparigo na foto: un loiro coloradote e gordecho, con aire tímido. Pode que sexa eu.
Ah, aínda hai outro raparigo na foto: un loiro coloradote e gordecho, con aire tímido. Pode que sexa eu.
12 Comments:
SON OUTRA VEZ O O INSTITUTO FEMININO (EXPLICACHES MOI BEN O SEU SIGNIFICADO PARA QUE NO HOUBESE ERROS).
DESCUBRÍN QUE ESCRIBÍAS FAI UNS DÍAS, E, XA REMATEI A BOTELLA DE LICOR DE ABELÁ, QUE ESTABA MOI BOA.
QUÉROCHE DICIR QUE NON ATOPO OS MÉRCORES DE FRA, AINDA NON ESTÁ PUBLICADO? QUERO QUE MEDREN OS TEUS BEN MERECIDOS DEREITOS DE AUTOR.
ATA OUTRA. UNHA APERTA.
SI O DO INSTITUTO FEMININO,... ESQUECÍNME DE COMENTAR QUE GRAZAS AO TEU RELATO LEMBREI A MIÑA PRIMEIRA COMUNIÓN. QUÉ FOI DAQUELAS CARIÑAS DE ANXOS QUE SAEN NUNHA FOTO CONMIGO E QUE ESTÁ POR ALGÚN CAIXÓN?
OUTRA APERTA.
Pasa o tempo e desaparece a xente que conhecemos.
O curioso e que tamen nos desaparecemos para o resto.
Un saudo dun desaparecido nos EEUU.
Aínda haberá que agardar uns cantos meses para que saia do prelo "Os mércores de Fra". Pode que en setembro xa estea. É unha satisfacción atopar aquí un compañeiro dos gloriosos tempos do instituto. Se queres, mándame un correo electrónico a xangarelo@hotmail.com, para poder identificarte.
Acedre, ti non estás desaparecido nos EEUU. Ao contrario, estasnos amosando un mundo descoñecido, ás veces surrealista e sempre interesante.
Saúdos a todos.
Non fai moito organicei unha cea (cada cal pagaba o seu) para poder ver a xente da miña adolescencia que estaba desaparecida para min, hoxe me trouxeches de novo este recordo e a idea de que non somos eternos...
Se cadra sexa o tempo de organizar outra.
unha aperta
Cada vez que vexo a miña foto, vestido de contralmirante, venme un sorriso aos beizos. E aínda me lembra a miña nai que eu lle dicía que me gustaría máis ir de pirata... menos mal que non me deixou. Pobre cura se aparece un cativo con semellante atuendo a recibir o sacro sacramento...
Eu cando remiro as fotos daquela, véñenme á cabeza lembranzas de todo tipo. En xeral foi unha etapa linda e fundamental na miña vida.
Unha aperta.
:)
Daquela época lembro con morriña a liberdade e irresponsabilidade. A foto da primeira comuñón dáme risa, parezo tan boíña.
O primeiro felicitarte polo licor de abelá que estou casi a rematar e faime pasar unhos ratiños deliciosos.
Despois que me fixeches remirar unha caixa e topar aquela vella foto xa casi dos tempos de Matusalem.
Bicos ca obligación de que continues escribindo.
Tanto exceso de nostalxia xa empalaga.
Veloso, que vostede non é tan vello! Que vai facer cando teño vinte anos máis?
Que vai facer cando teña vinte anos máis?
Un saúdo para todos, Sz, Peke, Larvós, Marinha. Grazas, Muralla, polas túas amables palabras. Usuario Anónimo, que non escribo con nostalxia, asegúrollo. Non sei moi ben que pretendo ao contar estes casos de Silvaoscura, pero supoño que é algo así como deixar constancia de que existe un lugar no mundo no que houbo e hai xente moi particular e eu tiven a sorte de coñecelos. Un saúdo moi cordial para todos.
Publicar un comentario
<< Home