Os de Silvaoscura (51)
Algúns devanceiros afonden na doce lagoa do esquecemento. Outros resístense a desaparecer e permanecen durante anos nas nosas conversas, nos nosos xantares. Sucede así, por exemplo, co señor Fermín, famoso polo seu carácter festexeiro. Contan os que o coñeceron que, sendo xa moi velliño, non perdía farra nin romaría. Se o evento era algo lonxe e a súa mula non lle abondaba como medio de transporte, montaba no coche de liña. Cando o autobús ía cheo, non dubidaba en agatuñar ao teito -eran outros tempos- e acomodarse alí, no medio dos mozos. Algúns afirman que foi este xeito de viaxar, co aire fresco das mañás baténdolle na face, o que o deixou xordo.
Pasou moito tempo, pero a familia aínda mantén os xeitos daquel home entusiasta e feliz. Cada vez que soa a música, os pés cobran vida e empezan a bailar. É o espírito do meu tataravó Fermín, que volve.
Pasou moito tempo, pero a familia aínda mantén os xeitos daquel home entusiasta e feliz. Cada vez que soa a música, os pés cobran vida e empezan a bailar. É o espírito do meu tataravó Fermín, que volve.
5 Comments:
É fantástico que ese espíritu vivaz non decaea, na miña familia temos un caso semellante...
Unha aperta.
:)
Dende logo a tua familia ten no ADN o xen dos artistas.
Un saudo.
Encántame a xente festeira!! Sobre todo eses ós que as ganas de festa non se lles vai coa idade... Transmítenme moita vitalidade...
Na miña familia a persoa máis festeira é unha prima lisboeta da miña avoa, Alzira. Aguanta toda a noite de festa! É un crack!! Espero herdarlle a virtude!!
Resulta adorábel a xente que sabe ser feliz. Creo que o dixoo Borges “he cometido el peor pecado que un hombre puede cometer: no he sido feliz”.
Nesa ledicia inquebrantábel, que dúbida cabe, está a maior das intelixencias. Oxalá ante por aí o seu espírito, a ver si se nos pega algo.
é o que pasa coas persoas maravillosas e que saben disfrutar desta vida. Logo non poden marchar e quedan as suas pegadas...
Publicar un comentario
<< Home