Presentación
O vindeiro venres, 10 de marzo, ás oito da tarde, na Casa do Libro (rúa Velázquez Moreno 27, Vigo) presentaremos a miña novela "Licor de abelá con xeo", publicada recentemente por Sotelo Blanco Edicións. Teño a sorte de que me acompañe en tan sinalado momento Laura Caveiro, magnífica escritora e extraordinaria amiga. Por suposto, estades todos convidados.
15 Comments:
Xa o dixen neste blog: a novela é fantástica. Había ben de tempo que non lía unha novela en galego que me enganchase tanto desde a primera palabra ata a derradeira, con tanta retranca, con tanta valentía e con tanta sabedoría literaria. Tírome dos pelos que non teño por non poder estar ese venres aí, pero xa sabes, Veloso, que estarei de corazón. Moita sorte.
Alí estarei
Pois a ver se consigo saír do curro a tempo para chegar (espero estar tamén presente cando a serie “Os de Silvaoscura” se lle faga xustiza e pase ao papel).
Desta volta non vai ser. Pero estarei para a seguinte presentacion se e dentro duns catro meses (tenho que responder ante o goberno Bush pola imaxes zoofilicas do meu blogo).
Que che vaia ben na presentacion e sauda aos blogueiros da minha parte.
Espero poder asistir a ese acto. Farei o posible.
Unha aperta.
:)
moito gustaríame estar, pero como xa dixo Larvós, farei o posible para estar presente cando a presentación sexa a da serie “Os de Silvaoscura”. Apertas, parabéns e moita sorte!
Noraboa!!!
Pois... incriblemente poida que teña a oportunidade de asistir. Se chego a tempo, porque iría directa dende Extrema e Dura. Xa veremos. En calquera caso, qué todo vaia de marabilla :).
Unha aperta.
Por certo... ¿La Casa del Libro, a qué altura de Velázquez Moreno está? ¿Máis cerca de Príncipe ou da Praza de Compostela?
Saúdos.
Grazas pola resposta, Veloso.
Unha aperta.
Pois graciñas a todos, tanto aos que poidades vir coma os que non. Procurarei ser breve. Un saúdo.
Eu non podo estar alí, pero xa teño o libro.
Finalmente non puiden ir a Vigo, foime imposible. Ben que o sinto. De tódolos xeitos xa nos contarás ti...
Sabes que che desexo o mellor dos triunfos.
Unha aperta grande.
Desexo que fose un éxito, como Marina espero que nos contes…
Un saúdo
Eu non fun, pero o que vou facer hoxe é ir camiño da Librería Couceiro a ver se mo poden presentar a min. Noraboa e un saúdo.
Publicar un comentario
<< Home