Da lingua (2)
Se hai algo que me alporiza e me parece absolutamente intolerable, é, sen dúbida, a actitude despectiva dos xornais de Galicia coa lingua propia de Galicia. Son lector habitual do Faro de Vigo e de La Voz de Galicia, os dous medios de comunicación máis antigos e coñecidos da nosa terra. A miña experiencia como usuario confirma que, alén das frecuentes liortas por afinidades políticas ou intereses económicos, hai un tristísimo punto en común nos nosos dous grandes xornais: o desprezo, sutil pero sistemático, á lingua galega. En primeiro lugar, condénana a unha especie de prisión cultural, con galas de suplemento semanal, o que asegura cubrir unhas certas porcentaxes de emprego do idioma, talvez por esixencia dalgún organismo subvencionador, sen que se note demasiado e, sobre todo, sen que moleste. Tamén aparece, aínda que cada vez menos, nas páxinas de opinión, onde mesmo as sinaturas que se escollen semellan agochar unha idea de fondo que pouco e pouco vai callando nos lectores: o galego é un idioma de radicais, de extremistas, case de iluminados. Fíxense, se non, no Faro de Vigo. Moitos dos que o len deducen que a ideoloxía de Méndez Ferrín (non me negarán que un escritor extraordinario, pero un chisco radical e vehemente) é a dominante en todos aqueles que reivindican o dereito a empregar o galego con naturalidade en todos os eidos da vida. Se a isto lle engadimos que non hai practicamente ninguén que dea aturado/entendido os artigos de Xosé Ramón Pena, concluímos que só nos queda o bálsamo moderado e case sempre interesante das opinións de Manuel Bragado. O demais vai en castelán, aínda que algúns dos colaboradores fixos (Ánxel Vence, José Manuel Ponte...) amosan unha certa simpatía indolora polas causas da lingua galega, aínda que sen atreverse a lixar a súa condición de idioma inmaculado e, por tanto, "inempregable".
O caso da Voz é moi semellante, coa triste salvidade de que aínda hai menos textos de opinión en galego e os que hai, curiosamente, están revestidos dun ton melancólico e distante, como se os seus autores (Caneiro ou Mayoral, por exemplo) escribisen dende unha torre envolta pola néboa. Pervive aínda o tópico segundo o cal a nosa lingua é axeitada unicamente para as vaguidades líricas? E aínda hai máis: asistimos, no medio de D. Santiago Rey Fernández-Latorre (xa saben, ese que dicía "El compromiso de un título"), a un estraño e alarmante fenómeno polo que ex-políticos supostamente galeguistas reconvertidos a comentaristas da actualidade cambian de lingua, talvez por esixencias da empresa ou se cadra pola liberación que algúns senten cando remata o entroido e chega a coresma. Ninguén agardaría que o ilustre xurista Ventura Pérez Mariño, famoso pola súa ostentación da ignorancia, caese de súpeto nos brazos de Rosalía. O que desconcerta, en troques, é que Xerardo Estévez, Ánxel Guerreiro ou Xosé Luís Barreiro traizoen o idioma que empregaban cando eran homes públicos, ou Carlos Reigosa cando era escritor de crimes en Compostela, ou Ramón Chao cando era novelista. Postos a ser un aquel malévolos, propoñemos como hipótese que talvez a convivencia cotiá con pensadores como Calaza ou Blanco Valdés leva consigo claros perigos de contaxio. Por certo, xa que nomeamos ao tal Calaza, habería que preguntarlle ao sr. Rey (lembren, o do compromiso) que outros casos de xornais comprometidos cunha determinada rexión do mundo teñen exemplos de colaboradores que, facendo uso da súa lexítima liberdade de expresión, negan a importancia da lingua do país, difunden teorías conspirativas e alertan sobre o inminente desenvolvemento de grupos terroristas no caso de que se dean determinados resultados nas eleccións autonómicas.
Con todo, non quería eu centrarme nas páxinas de opinión, moito menos importantes do que pensan algúns dos que nela escriben. O meu laio e a miña indignación van dirixidos ás outras seccións do xornal, esas que le a xente que viaxa no autobús ou toma café na barra dos bares. Acaso non serve o galego para os sucesos, para a economía, para os deportes, para os obituarios? Por que non se respecta a lingua na que falan os entrevistados e os opinantes? Cal é a razón pola que vemos en televisión, por exemplo, un debate no parlamento do Hórreo en que os representantes de todos os grupos políticos se expresan en galego e, ao día seguinte, por algún estraño trasno das rotativas, as súas palabras foron traducidas ao castelán? Por que a Voz, na famosa reportaxe sobre os nomes das vacas, reproduce as declaracións dos propietarios dos animais en galego e non fai o mesmo con outros entrevistados? Seica lles parece máis verosímil o idioma galego na boca dun humilde gandeiro e en cambio non lles acae ben nun adestrador de primeira división? Por que o Faro, comunicando un casamento homosexual celebrado en Vigo, aclara que este se celebrou en galego "por expreso deseo de los contrayentes"? Que clase de rareza ou extravagancia agocha esta sutil precisión?
En fin, creo que por hoxe xa me estendín de máis. Ao cabo, non sei de que me queixo. É moi posible que o 17 de maio todos publiquen as súas portadas en galego. É máis, seguro que ata se atreven a lembrar certas palabras de Cunqueiro, sobre a primavera ou algo así.

18 Comments:
Moitas grazas pola referencia. Moi lúcida a análise. Parabéns.
Coido que os seus estudos de mercadotecnia lles indican que o galego lido, require máis esforzo que o castelán, é dicir se fala en galego pero non se le en galego o suficiente. E hai que vender.
Por outra parte, Política Lingüística subvenciona como o teu ben indicas, as porcentaxes de páxinas en galego, aplicándoo preferintemente, polo menos antes, aos medios e aos estamentos dependentes e cércanos ao stablisment.
O demais é unha ecuación moi sinxela.
Noraboa por este texto
Unha análise perfecta. Co das letras galegas hai xa unha especie de empanada monumental. Xamais esquecerei, en Peritos de Vigo, os carteis da delegación de alumnos anunciando os actos previstos para (textual) "comemorar el día de las letras gallegas". Manda carallo, verdade?
Hoxe mesmo o Faro de Vigo recolle as miñas declaracións do acto de onte, O Tren da Lingua, nas que respondín á xornalista EN GALEGO a todas as súas preguntas. Hoxe, claro, as respostas, AS MIÑAS RESPOSTAS, saen en castelán. Se a iso sumamos que saio aí falando de "defender el gallego", "nuestra lengua" e cousas así... daquela, ¿que podemos chegar a pensar?
Unha análise moi boa e pormenorizada. Un saúdo
Hai que deixar de mercar esas dúas marabillas de xornais que son
EL Faro de Vigo e La Voz de Galicia. A min mentres non cambien a postura xa me viron dabondo o pelo.
Dis moito e di-lo ben pero faltan propostas para mudar a situación. ¿Hai realmente un interés da comunidade pola defensa do idioma e/ou a cultura galega? ¿Hai interés por parte das élites culturais de cambiar a situación? ¿Ten futuro o galego?
As miñas propostas son: boicot activo á prensa, presión cidadán sobre a política lingüistica e esforzo material, intelectual e económico para crear medios de comunicación galegos. Quen estea disposto a elo que me avise que colaboro na medida do posible.
Moi boa crítica. Porén, coido que faltou un tema por tratar: os propios xornalistas e a súa atitude ante o galego.
Por que a xornalista escribiu as declaracións de Náufrago en castelán? Por "presións" do xornal ou por propia vontade? Pregúntoo porque traballo nese mesmo xornal e aínda non chegou o día en que me cuestionaran a lingua na que escribo as miñas reportaxes, e non son poucas as que publico en galego.
Uau, Veloso, fixeches unha analise completa mui boa.
Esta claro que estes diarios(e outros en Galicia) tenhen medo a dar o paso ao galego e non o daran nunca. O que me fastidia e que traduzan o que di algunha xente como se non fose entender o publico.
Eu penso que eles tenhen o seu dereito a escribir en castelan asi coma nos temos o dereito de non mercalos ou non lelos.
Moi boa a análise. Mais posibelmente reflicta a tan arcaica idea de galego como símbolo de atraso e do castelán como progreso. Triste pero certo, somos poucos os consideramos falar galego como un avance cultural. No meu caso, viñen traballar a Vigo despois dun tempo en Castela e síntome como se tivese ido a Guadalajara. Ao longo do día ninguén me resposta en galego. Supoño que non me podo queixar, ao fin e ao cabo, enténdenme, que non é pouco.
Respeito a dos xornais eu só leo os obituarios en galego, porque xa sei de antemán que se están en galego é porque finou algún persoeiro. Se están en castelán non vou coñecer á persoa que faleceu (aínda son nova para que adoite morrer a xente do meu entorno). Os familiares deben coidar que é máis "fino" publicar o obituario do seu avó de Santa Comba ou da Fonsagrada en castelán.
Pois a min a análise paréceme o laio de sempre, sen entrar realmente no fondo. Na típica posición dos que non son quen de explicarse o papel dos medios e a súa relación co mundo. Os medios de comunicación publican na lingoa que lén os seus destinatarios e, infelizmente, despois de nonseicantos anos de ensino do galego, de TVG, de políticos desgraciando o idioma publicamente, non hai lectores abondo na nosa lingoa para que os medios consideren rendable publicar nela. ¿Ou é que crédes que La Voz e o Faro son as hermanitas de la Caridad? ou é que pensades que se trata de proxectos culturais?.
Os nacionalistas deberán preguntarse cómo é posible que os seus miles de votantes non se transformen en outros tantos miles de lectores dunha prensa en galego?. Nos se darán preguntado por que os miles de afiliados á CIG non son a base social dun diario na nosa língoa?. Non, non, é mellor facer lúcidas análises do evidente: que La Voz de Galicia e o Faro de Vigo, sonche empresas desas de facer cartos.
Pois nada, a seguir teimando no mesmo.
Como xornalista que son (e como moi mal falante do galego, que tamén son), coido que nestes casos non é bo demonizar (sintoo pero non coñezo esa palabra en galego) nen aos xornais nen aos lectores porque a pregunta ten dous lados: ¿os xornais non publican máis textos en galego porque os lectores non os leen, ou a xente non lee reportaxes en galego porque os xornais non os publican? hai moito de prexuizo, moito de auto-censura e moito de marketing (unha inexplicable pseudo-ciencia que non está moi lonxe da lectura do oráculo pero que -de momento- vai movendo o mundo coas suas máximas que non pasan a comprobación máis sinxela). E é unha pena porque os xornais teñen un poder moi grande para influir na fala e na lectura das persoas...
Grazas a todos polas vosas achegas. Tal como di algún dos interlocutores, denuncio o problema pero non ofrezo solucións. Non as ofrezo porque, sinceramente, non se me ocorre ningunha. Un saúdo para todos.
Moi boa análise... O tema do galego e os medios de comunicación escritos é demencial...
Algumhas ideias:
Para quem tem acesso a internet, e pensa como tu (e eu), comprar prensa espanhola é um vício imperdoável.
Sem um forte apoio público a prensa espanhola na Galiza teria muita pior saude, e talvez fossem viável jornais galegos.
Os jornais em papel tenhem os anos contados. O futuro é a rede, e ai o castelhano já nom é omnipresente.
Na blogosfera galega há muito blogue individual, mas faltam blogues colectivos, que poderiam fazer as vezes de jornais, ou quando menos de magazines.
Que casualidade, eu falo hoje do mesmo.
Coincido plenamente contigo, mas acho também que temos os médios que nos merecemos. Na Galiza não se respeita a fala, muito menos sente-se carinho nenhum por ela e assim é difícil dar-lhe um trato minimamente digno e tratar de recuperá-la para as novas gerações.
Se moncho: prova com Chuza! se queres ter novas em galego recolhidas por colaboradores variados e não por jornalistas.
Eu não acho pecado em comprar prensa espanhola, como não o acho em comprar a portuguesa ou a britânica (e isso porque não leio alemão nem francês). Eu leio jornais galegos, espanhóis, portugueses, europeus e americanos em internet. É questão de ter tempo... Posso dizer também que comprei A Nosa Terra durante anos, mas deixei de fazé-lo porque pareceu-me que não valia o dinheiro que pagava por ele.
All you need is fuck, my friends.
I'm so sorry... All you need is fucking!
Publicar un comentario
<< Home