Os de Silvaoscura (49)
Se non me engano coas contas, os meus avós eran moi novos -trinta e poucos anos- cando fixeron a casa de Silvaoscura. Como se adoita dicir nestes casos, tiñan toda a vida por diante. Aínda así, a prudencia levounos a prever as posibles tebras do futuro. Antes de construír os accesos á vivenda, meu avó foi á funeraria do Soutomiao, onde o Pepe da Veiga tiña o seu muíño, e mediu as caixas, para facer despois portas e escaleiras de ancho suficiente para que pasasen por elas, con suficiente comodidade, catro homes e un cadaleito.
Isto sucedeu nun tempo remoto en que aínda non existían os tanatorios nin as xerras de cinsa.
Isto sucedeu nun tempo remoto en que aínda non existían os tanatorios nin as xerras de cinsa.
7 Comments:
E nun tempo onde a xente aínda era quen de aceptar a morte como unha parte da vida. Agora, para non mirar nin as súas faragullas, até confinamos aos vellos en “residencias de anciáns”, que é un xeito bonito de dicir “gueto de reclusión para vellos”. Eses detalles dos vellos (utilizo o adxectivo limpo de connotacións pexorativas; ben ao contrario, encántame todo o vello: as pedras vellas, os mobles vellos, os barcos vellos, e sobre todo a xente vella...) parecen demostrar que o prezo da modernidade é que gañamos en benestar pero imos perdendo parte da alma como peaxe. Quén sabe se compensa ou non.
Larvos dio ben claro: antes ben que sabian de todo e ian preparados. Nos agora ganhamos en modernidade pero imos perdendo alma no caminho.
concordo con larvós e con acedre, claro, dende o primeiro home sobre o mundo, o asunto foi perder humanidade para gañar (gañar??) cousas, obxectos, comodidades, "adiantos" que lles chaman os que os venden.
É difícil aceitar a morte dessa forma. Minha mãe morreu faz pouco. Eu a vesti com o vestido que ela já tinha preparado. Cinza escuro, muito sério e digno pra ocasião. Fiz isso porque sei que era um desejo dela. Mas essa forma de conviver com a morte está morrendo também com nossos pais e avós. O ritual hoje é pagar plano de saúde, fazer seguro de vida e essas coisas...
(escrevi em português porque te entendo perfeitamente. Acho que é recíproco, não?)
Unha aperta!
Larvós, eu tamén reivindico a fermosura da palabra "vello". Acedre, Torredebabel, loitemos por non perder a alma nin a humanidade polo camiño da vida moderna. Maray, é un pracer recibir a túa visita. Unha aperta a todos.
Prever en vida a morte (as necesidades organizativas, a súa "intendencia")é propio dunha cultura coherente. Delegar en profesionais a xestión do pasamento dos que non son queridos é renunciar a boa parte desa cultura.
Creo (non lembor onde o lin) que Otero Pedrayo foi enterrado nun ataúde construído cun carballo plantado por seu pai o día que el naceu. Iso si que é previsión.
Ben preto, en Gomesende, había unha tenda que tiña os cadaleitos ao carón das froitas. Cada cousa aunha parte da porta. Lembro ira ca miña avoa e ela pararse a escoller as caixas. Quería levar unha e tela na casa para cando o seu pasamento.
Lembro Silvaoscura de neno. O meu pai tamén e de aló ainda que, paraba mais no Tellado na casa dos meus tios porque a miña avoa era coma un fol de veleno cos cativos.
Apertas por este blog que tantas cousas boas me lembra
Publicar un comentario
<< Home