Os de Silvaoscura (55)
Marcho uns días de vacacións. Que pasedes boa Semana Santa e que abril vos traia sorpresas agradables.
O Paco do Cerdedo foi militar. Cando eu era pequeno contábame os seus anos de servizo no castelo do Castro ("alá, cando estiven de soldadito en Vigo") e facíame sempre a mesma brincadeira, pousándome a man no peito con cara de sorpresa, como se acabase de descubrir un lixo; eu, inocente de min, baixaba a cabeza, momento que el aproveitaba para erguer rapidamente a man cara ao meu nariz, sen chegar nunca a tocarme.
Despois de festexar o seu novo triunfo cunha boa risada, púñase máis serio e falábame como se eu fose xa un home feito e dereito:
-Cando chegue o momento, pénsao ben e faite militar. Non hai vida coma a do exército. Respectas e es respectado. Lémbrao. Eu teño bos amigos na Academia de Zaragoza e aínda che podo botar unha pedra no carro. Con confianza, ti falas comigo e xa está.
Eu agradecía as súas palabras con toda a educación da que era capaz. Paco era un bo home. De feito, aínda o é. Agora convive cun monstro desapiadado, un tal Alzheimer, que lle impediu saber que o rapaciño inocente non se fixo soldado, senón obxector de conciencia e aspirante a prosista.

7 Comments:
"aínda o é".
A bondade é un sentimento tan forte que nin o alzeimer o vence. Unha faisca para o optimismo.
Sen o monstro estaría moi contento igual de saber do teu discorrer pola vida. Boa semana santa para ti tamén.
mostro paradóxico ese que vainos deixando só co máis básico do que somos... Apertas, Veloso. Pasa ben a semana santa e vémonos de novo por acá!
Meu avo ten ramalazos de Alzheimer e e unha cousa ben triste.
Pasa unha boa semana santa ti que podes.
Que triste monstro o alzheimer...
Non dubido que estaría moi orgulloso da túa decisión... antes que militar era habitante de Silvaoscura...
O monstro do Alzheimer é tremendo, fai cada desfeita...
Unha aperta.
:)
Pásao ben.
Un sáudo
Publicar un comentario
<< Home