Premio Risco
Aínda que é posible que algúns xa o saibades, comunícovos que un xurado composto por Camiño Noia, Isidro Novo, Xosé M. Dobarro, Anxo Tarrío e Armando Requeixo decidiu conceder o Premio Risco de Creación Literaria á miña novela "Os mércores de Fra". Estou aínda sen palabras.
25 Comments:
Entro, a toda presa para felicitarte, acababa de le-lo no Faro de Ourense de hoxe
domingo, o titular :"Xurxo Sierra Veloso Gañador do VII Premio Risco de Creación Literaria de Ourense. -Defínome como aspirante, a palabra escritor dáme medo".
Ah, e brisca para o post dos contrabandistas.
Noraboa, meu Rei, Rei de Letras.
.....Justamamin/XulioDRabal.....
NORABOA!!! alégrame moitísimo a noticia.
MUUUUUUAAAAAAAAAAAAAAA.
:)
non me extraña. Estou a ler "Licor de avelá..." (ainda que non o podas crer!!!!!! dende lonxe pero estouno a ler!!!!!!!!!!!!!), e non me extraña que te dean un e mil premios, Veloso!
PARABENS!!!!
Pois eu douche a noraboa e xa sabes que estou esperando a volta para a terrinha para admirar esas obras tuas.
Un saudo e a seguir asi.
parabéns polo prémio (e tamén pola blog)
Escribes con tanto xeito que pareceme normal que recibas este premio, noraboa e en canto teña oportunidade lerei esta obra.
:)
Unha forte aperta
Vaia racha meu,moitos parabéns !!!!!!!!!!!!!!!!!
Parabéns. O lin no Faro e alegreime moito. Penso que xa podes dicir que es escritor sen vergoña ningunha.
Zorionak!!!!!!!
Un saludo,
Noraboa, alédome moito de que a aspiración se vaia convertendo no aspirado e xa sei o que me agardará un día nalgunha visita a algunha outra libraría.
Que non se borre o sorriso!!
Os meus sinceiros parabéns, Veloso. Onte comecei a ler “licor de abelá con xeo” e non me extraña que recibises o Vicente Risco. Con dicirche que devezo por ler “Os mércores de Fra” xa podes entrever o sabor de boca que me está a deixar o licor de abelá.
Saúdos e reitero os meus parabéns.
Parabéns.
E agardamos polo seguinte.
Forza
Esquecime. Quero dicir polo seguinte libro, que como dicía Jorge Amado: escríbese para os leitores.
Parabéns!!!!
Unha boa racha ben merecida. :))
Unha aperta.
Graciñas a todos. Insisto: non teño palabras para agradecer tanta amabilidade. Síntome moi feliz de pertencer ao blogomillo, de verdade.
Entereime por meio do Náufrago.
Parabéns.
vas ter que mercar capacho novo para tanto jalardon, noraboas...
noraboas ben merecidas
unha aperta
Para un alumno do Instituto Feminino é unha honra saber que un compañeiro gaña un premio literario.
Agora mesmo saio para mercalo.
Unha aperta moi forte.
Graciñas de novo. Os amigos de Sotelo Blanco xa se puxeron mans á obra e confían en editar pronto "Os mércores de Fra". Xa vos avisarei. Un saúdo para todos.
Ah, alégrome moito de atopar por aquí compañeiros do Instituto Feminino. Si, xa sei que non é o nome que se agarda nun centro no que tamén estudiamos os homes. En realidade, chámase S. Tomé do Freixeiro, pero moitos vigueses aínda seguen a empregar a denominación antiga.
Enhoraboa.
Mañá salio para Galicia e alí mercarei o teu libro con gran alegria.
Muitos bicos.
Noraboa! en canto chegue a Valado City, merco ese licor de avelá que din está tan bon...
apertas.
Noraboa tardía, que soa un pouco a título de Ozu.
Enjoyed a lot! » »
This is very interesting site... »
Publicar un comentario
<< Home