martes, mayo 09, 2006

Os de Silvaoscura (62)

Os amigos do pasodobre nunca entenderemos o pracer con que algúns interrompen bailes e estragan verbenas. Sirvan estas letras de protesta simbólica contra aquel animaliño sen alma que, xa hai máis de trinta anos, principiou unha pelexa en pleno folión do San Xoán. Contan as testemuñas que, non habendo paos nin outras ferramentas de malleira, o agresor empregou como método de ataque un saxo tenor sustraído a tal efecto a un dos músicos presentes. O saxofonista, xustamente indignado, perseguiu o ladrón e castigouno con dúas fortes pancadas no cu. Ben as merecía pola dobre ofensa cometida: roubo de instrumento alleo e sacrílega inxuria á nobre arte da música.
Os amigos do pasodobre tamén apoiamos os traballadores do sector do metal, pero esa xa é outra historia.

5 Comments:

Blogger besbe said...

Esquecíaseme señor larvós, mellore vostede da súa doenza para poder botar eses pasodobres e moitas gracias polas súas verbas. Do do metal voume enterar agora, que estes días andiven algo perdida.
Saúdos para esas terras.

8:36 p. m.  
Blogger besbe said...

Estooo, señor veloso, unha que anda na verza. Perdoe.

9:18 p. m.  
Blogger torredebabel said...

fermosa história coma sempre. Rin moito coa imaxen do saxofonista e o ladron de saxos, escoltados polos indignados amantes do pasodobres!

1:18 a. m.  
Blogger acedre said...

O das pelexas nas festas e mui tipico. Xa se sabe: un que bebe de mais, outro que se arrima de mais a unha moza sen saber que ten companha...e xa esta armada.
Eu tinha uns vecinhos qu e xa ian a iso e ben que o conseguian que tinhamos que fuxir das festas sempre.

4:42 a. m.  
Anonymous Anónimo said...

What a great site, how do you build such a cool site, its excellent.
»

8:01 a. m.  

Publicar un comentario

<< Home