Comparto a indignación
Xa puidestes ler os atinados comentarios de Brétemas, Folerpa e Náufrago, pero hoxe sinto a obriga, como vigués e como amante dos libros, de amosar a indignación que me produce a actitude do Concello de Vigo perante a celebración do pasado 23 de abril. Onte pola mañá, co gallo do día festivo en Castela e León, prolonguei a fin de semana e estiven paseando por Montero Ríos, pola Alameda, por Príncipe... Que fermoso era imaxinalas cheas de casetas de libreiros! Á volta, entrei en Librouro para saudar á miña antiga e aprezada compañeira Amparo, que me contou con detalle a desidia e a torpeza con que actuaron os nosos representantes municipais neste asunto (tamén os da oposición, por certo). Propoño que enchamos a páxina do Concello -www.vigo.org- de queixas relacionadas coa cuestión. Se a presenza de catro mesas con libros na Rúa do Príncipe pode causar problemas de tráfico, estou disposto a chamar á policía e montar un escándalo cando chegue o vindeiro entroido e todo se encha de rapaces armados de esprais. Acaso as procesións de Semana Santa, de escasa tradición na nosa cidade, non causaron problemas de tráfico? Creo que estamos en disposición de esixir á alcaldesa, Corina Porro, unha explicación.
8 Comments:
Para quen quere hai forma e para quen non quere hai excusa.
Esa muller non queria organizar nada e xa esta.
Apoio a idea, mellor esto que as firmiñas do PP co conto do Estatut.Eivou Corina querida, hai unha ponte Coruña-Vigo máis alá dos partidos Celta-Depor.
As queixas onde? Nas avarías da vía públia ou que?
Tráfico. Sinto ser tan pesada.
Levas razón, Acedre, o caso é ter unha excusa.
Besbellinha, agradécense moi especialmente os apoios chegados da Coruña. Cónstanos que a Corina lle doen. Eu púxenlle a queixa no apartado de "outros", que me pareceu o máis axeitado.
contade coa miña queixa tamén.
por certo veloso, vou ir por zamora a vindeira fin de semana, onde se poden degustar os pinchos de lobo???
unha aperta
Haiche moi bos pinchos en Zamora, Nemeth, dou fe. Tes que preguntar pola Plaza del Maestro, moi cerca da peonil Santa Clara. Hai tres ou catro sitios indispensables, todos eles moi xuntiños. Alí poderás probar os pinchos morunos, os figóns, os tiberios, as perdices... Eu vou a Madrid o sábado pola mañá e veño o domingo á noite, pero se estás venres ou luns terei moito gusto en acompañarte. Se queres, escríbeme a xangarelo@hotmail.com. Ah, e grazas por apoiar a causa do libro en Vigo.
Eu xa puxen a miña queixa (non suxerencia)Crees que Corina a vai ler?
Publicar un comentario
<< Home