viernes, mayo 05, 2006

Os de Silvaoscura (61)

A bisavoa Estrela era unha muller seria, pouco amiga de xogos e agarimos. Non lle gustaban as manifestacións de afecto nin os pantalóns curtos. A súa palabra de reprobación favorita era "camanduleiro", aplicable a toda actitude excesivamente cordial ou escasa de formalidade. Aínda así, acórdoa indo ao Lugar de Riba, coa miña prima Sheila moi pequeniña por unha man e o caxato na outra, as dúas co paso acompasado malia as tres xeracións que as separaban e a dificultade que tiña Estrela para lembrar os nomes dos bisnetos máis pequenos.
Viviu ata os 87 anos, sen doenzas coñecidas nin simpatía ningunha polos empregados de banca, aos que discutía cada peseta de intereses cunha precisión matemática que abraiaba a todos. Nas xuntanzas familiares, pola mata, o Nadal ou a vendima, a bisavoa Estrela, sempre co pano negro á cabeza, gostaba de tomar unha copiña de augardente de herbas.
-É para non roncar despois de morta -dicía.

10 Comments:

Blogger folerpa said...

Que pracer ver esa verba "camanduleiro". Miña avoa tamén a usaba e eu anida a uso co meu fillo.

12:23 p. m.  
Anonymous Anónimo said...

"para non roncar despois de morto"

Desa tomo nota. Que escusa máis bonita para xustificar as miñas afeccións de trosma galaico...

12:50 p. m.  
Blogger acedre said...

Mui bo o de "para non roncar despois de morta".
Tamen eu vou coller esa escusa que non quero molestar aos vivos no futuro.

6:38 p. m.  
Anonymous Anónimo said...

En Ourense un dos cacos máis famoso é coñecido polo "Camándula". A verdade é que o pobre o "polvo" tenlle chuchado os miolos e a saúde.

12:03 a. m.  
Anonymous Anónimo said...

En Ourense un dos cacos máis famoso é coñecido polo "Camándula". A verdade é que o pobre o "polvo" tenlle chuchado os miolos e a saúde.

12:04 a. m.  
Anonymous Anónimo said...

Tes a facultade de me retrotraer a afectos que teño almacenados e que en demasiadas ocasións non teño na conciencia.
Gracinhas

10:24 a. m.  
Blogger torredebabel said...

o "para non roncar despois de morto" é un clásico dos meus. Ata o meu pai o dí, de cando en vez, cando toma unha copiña... A min gústame moito! graciñas Veloso, foi unha desas cousas que teño nun recuncho da memoria e mo traes de novo!

2:07 a. m.  
Blogger Veloso said...

Graciñas a todos. Nunca deixará de sorprenderme e emocionarme isto de regresar da fin de semana e atopar tantos comentarios no blog. Unha aperta a todos os amigos blogueiros.

11:15 p. m.  
Anonymous Anónimo said...

Your website has a useful information for beginners like me.
»

7:57 a. m.  
Anonymous Anónimo said...

Great site lots of usefull infomation here.
»

8:11 a. m.  

Publicar un comentario

<< Home