martes, mayo 02, 2006

Os de Silvaoscura (60)

A orquestra Ledicia tiña un vocalista moi fachendoso: estarricábase canto podía para parecer máis alto e botaba unha chea de tempo a presentar cada canción. Na Abraxas tocaba a batería un mozo que, ademais de gastar bigote mexicano, era capaz de manexar os paos e cantar ao mesmo tempo a célebre ranchera "Si la muerte me la dieras tú". A Gran Veracruz, despois chamada Súper Combo, debía de ser das máis poderosas; polo menos, tiñan dous uniformes diferentes, un azul e outro vermello. Pero, sen dúbida, o conxunto que máis exito tiña nas verbenas era o que se chamaba Los Nocturnos, de Vigo. Moitas rapazas da época andaban medio toliñas polo seu cantante, un curioso individuo chamado Ramón Presley.
Este tal Ramón, nativo do barrio vigués da Salgueira, era un rapaz novo, de vinte e poucos anos, alto, moreno, coa face mesturada entre a dozura e o atrevemento. Durante a semana, traballaba de locutor nos "Cuarenta principales". Todos os sábados, dende xuño ata setembro, subía á furgoneta dos Nocturnos e percorría Galicia a golpe de verbena, pasodobre e santo patrón. Os homes, mellor dito, os proxectos de homes que daquela andabamos na adolescencia, non sentiamos a menor simpatía polo tal Presley, un fulano absolutamente indesexable. Era guapo, cantaba ben e atendía con moita amabilidade ás rapazas que se lle achegaban nos descansos a pedirlle cancións. Demasiadas virtudes contra as que competir. Por se fose pouco, mesmo chegou a saír na tele, participando nun concurso de canción melódica -o célebre Gente Joven- no que acabou nunha discutida cuarta posición que ás mozas lles parecía meritoria e que eu consideraba un fracaso absoluto.
A Carmiña da Angelita era unha das máis devotas. Lembro un verán no que viñera a Vigo para pasar unhas semanas de vacacións na casa dos seus tíos. Máis que praias ou paseos, a súa predilección turística era ir á sede de Radio Vigo, alá na rúa Policarpo Sanz, e asistir a unha das visitas organizadas á emisora. Iso si, coa condición de que o guía fose Ramón Presley. O meu primo José Manuel e mais eu acompañamos a Carmiña nunha destas visitas. Recoñezo con profundísimo pesar que o tipo non só era un fenómeno cantando My way, senón que ademais era unha persoa encantadora. Nin sequera nos quedaba o consolo de comentar "vai todo cheo" ou "seica ten unha leira en Toledo" ou calquera deses ditos con que o pobo castiga os soberbios. A miña amiga saía de Radio Vigo coas fazulas arrubiadas e os ollos brillantes, feliz de estar préto do seu ídolo.
Pero todo pasa. Ao cabo de dous ou tres anos, as comisións deixaron de contratar os Nocturnos. Puxéronse de moda novas orquestras, os "Cuarenta Principales" cambiaron de locutores, Carmiña -todas as Carmiñas- esqueceu a ilusión dos quince anos, fíxose evidente que case ninguén lembra o nome dos que perderon en Gente Joven.
Unha noite, durante as festas de Zamora do ano pasado, atravesei a Praza Maior cuns amigos. Xa rematara a verbena. Os músicos repuñan forzas nun dos bares. De súpeto, fixeime nun que levaba americana branca, tupé rockeiro ao estilo dos cincuenta, sorriso perfecto, pel bronceada... Era Ramón Presley. Os anos non o desgastaran. É máis, semellaba o mesmo rapazolo das verbenas do San Xoán ou do San Salvador. Funo saudar, talvez como desagravio da moita envexa amoreada na adolescencia. O home, como é natural, púxose contento de que o recoñecesen, tan lonxe da Salgueira e tantos veráns despois do seu tempo de gloria. Seguía a ser amable e encantador. Confesoume que a paixón da súa vida era cantar e que non o deixaría mentres tivese forzas. En canto me despedín del, non puiden resistir a tentación e collín o teléfono móbil. Era unha boa ocasión para espertar a Carmiña.

29 Comments:

Blogger máis alá said...

Máis que da Salgueira o Ramón Presley era de Riobo. Lémbrome da que se montou cando o fixeron director da televisión de Nigrán (si non me equivoco), pobo do que, sospeitosamente, o alcalde era o home da súa irmán.

7:09 p. m.  
Blogger Veloso said...

Levas razón, si, de Riobó. Ves? É o que pasa por fiarme da memoria. Estiven a piques de comentar algo sobre o turbio asunto da Televisión de Nigrán, pero ao final preferín quedar coa lembranza do home que cantaba na orquestra, sen máis. O cuñado de Ramón Presley era o famoso Avelino Fernández, se non me engano. Por certo, a tele e o posto de Presley desapareceron cando Avelino perdeu a alcaldía. É posible que, antes de pechar por derradeira vez a porta, o antigo líder dos Nocturnos tivese a tentación de dar media volta e despedirse cantando outra vez My way. Xa se sabe, por aquilo de "And now the end is near..." Un saúdo.

7:17 p. m.  
Anonymous Anónimo said...

Téñoo claro que che tiran o das orquestas, -a min pásame o mesmo-, no “Licor..”, xa me sorprendiche nada máis nos primeiros renglons -vou de memoria-, “un vocalista subido no palco da praza da vila nas festas do San Roque..”.
Clavadiño, á realidade, a narración no post de hoxe, das orquestas que tí fas –e perdoa polo tuteo, ainda que non nos coñecemos persoalmente, Marcos pensou que eramos amigos, eu comenteille, coido que do mesmo hemisferio, que iso turra moito–
.
Das que falas –coincidencia- viñeron á miña romaría , e repetidos, máis dun ano.
Home, dos Abraxas, se eu che contara, un post por músico, o Jaime e o irmao de Leborín, o Sergiño de Fontelo, o Pisquilín, e ti pode que o saibas, ainda nin todo que se sabe se pode escribir, o pescadeiro, pantalón e camisa de cor negro, letras douradas de J.P.S, despois nos descansos das verbenas, chegaba con gafas de sol nun Citroen Mehari descapotable, puntos suspensivos, de foto….
Xa che convidei no seu día a unha de contrabandistas, cumpríchesmo, pídoche agora se non é moito, unha de “Dinámicos, Dinámicos……”, ou de señores, señoras, con Vdes, Tony Pérez, Orquesta Internacional –e en mayúscula, o de entre guións é meu- Loooos Arquiiiinos,……Meréceno, aboafé que sí.

E ainda que alguén che diga o contrario, segue por esa línea. Eu de grande imitareite cun blog como teu, pero dos meus, estou neso.

Pola contra convídote desta vez de café, a un licor, e a mollar nunhas roscas de Ribadavia -mágoa que coido que xa pasou a da Guía- pero nunha das romarías de aquí das terras de Celanova, virá a máis pronta Raigame, -o día das letras-, As Maravillas, A Armada , O Cristal, ou se o queres máis tarde no San Cibrao.
Unha aperta, e ata cando gustes. Dende que te descubrín sígote lendo.

XulioDRabal.

11:48 p. m.  
Anonymous Anónimo said...

Disgracia de memoria a miña, imperdonable, esquecer o mellor danzante dos ABRAXAS, O Ferradás do Cristal, alias FARRIAS, que fundou unha charanga onde caneou Ourense, e boa parte de Galiza...

Outra cousa, "os Pichinis", que refire Carqueixa, chamábanlle que eu saiba os "irmáns Pontinos", uns talentosos da música, non obstante heime de asegurar. O Alvar axente musical, antigo dirixente dos Ledicia, e actual propietario ha de aclararmo....

XulioDRabal.

12:03 a. m.  
Blogger acedre said...

Os vellos roqueiros nunca morren.
A verdade e que eu so o conhecia da radio.

4:13 a. m.  
Anonymous Anónimo said...

Máis alá da rememoración, está a tenrura e a complicidade que vexo nos teus textos e que me engaiola.
Un saúdo

9:20 a. m.  
Anonymous Anónimo said...

Como disfrutei con estas historias...
Eu, por máis que penso solo consigo acordarme da París de Noya, que no sue comezar viña a Portosín, pero ahora cobra demasiado para o presuposto das festas do Carme
Bicos.

10:20 p. m.  
Blogger Veloso said...

Vexo que o asunto das orquestras espertou moitas lembranzas. Alégrome. Agradezo, como sempre, a vosa participación. XulioDRabal, polo que vexo debemos de ser case veciños. Se queres, escríbeme a silvaos@terra.es para saber exactamente a que parroquias pertencemos e cando podemos tomar ese licor. Un cordial saúdo.

10:57 a. m.  
Anonymous Anónimo said...

Que engañadiños estades. Un amigo meu traballou co Ramon Presley. Só era encantador cos, es sobre tudo "cas" admiradoras, que en privado despreciaba. Soberbio, mal compañeiro, creíase mais importante cos demais mebros do grupo.

6:34 p. m.  
Anonymous Anónimo said...

Great site loved it alot, will come back and visit again.
»

7:48 a. m.  
Anonymous Anónimo said...

Your are Excellent. And so is your site! Keep up the good work. Bookmarked.
»

8:10 a. m.  
Anonymous Anónimo said...

Great site lots of usefull infomation here.
»

8:11 a. m.  
Anonymous Anónimo said...

Ramón Presley siempre fue un gran y solidario compañero en el tranbajo, de hecho, tiene una placa y una figura regalada y dedicada por todos sus compañeros de radio, donde en la dedicatoria se refleja la unidad del grupo.
La envidia y el hablar desde la ignorancia, seguirá siendo el deporte favorito de los españoles y sin duda la de los gallegos.. y de ahí nacen las calumnias y difamacioenes de gente anónima que dice.. que le dijeron.. que le comentaron.. que si esto, lo otro o lo de más allá... Que pena!.

1:47 a. m.  
Anonymous Anónimo said...

E logo ¿tí como sabes que lle regalaron una placa e unha figura? ¿Seica viches a dedicatoria? Pareceme que tí eres o Ramonciño Presley botándose frores a si mesmo. A que vai ser verdade o que me dixeron.

10:27 p. m.  
Anonymous Anónimo said...

háztelo ver eh!.. Puede ser grave..

3:41 a. m.  
Anonymous Anónimo said...

Sí, Ramón Presley es de Riobó. Yo era vecino de su familia y os digo que no debe extrañaros que siga siendo un tío tan bien parecido, porque su madre era una mujer de bandera, guapísima, envidia de las vecinas y objeto del deseo de sus maridos. Recuerdo que estaba casada con un cantero portugués que, en plena dictadura franquista, no ocultaba su admiración por Rusia. Mis padres comentaban asustados: “Van mete-lo na cadea”. Y es que entonces había mucho miedo.
Recuerdo una historia de aquellos tiempos de miedo y dictadura: un militar visitaba a una señora del barrio, en ausencia del marido. Pasaba altivo e inmutable por el camino y mi madre espiaba por una rendija mientras yo la imitaba: “Sal de ahí maricallo” me decía. Las demás vecinas también espiaban.
Mi padre se lo dijo al marido engañado... que no hizo nada... No podía hacer nada... Ahogó la humillación con la cólera y el miedo y asumió paternidades. Entonces nadie podía enfrentarse a un militar y menos que nadie, un comunista.

7:13 p. m.  
Anonymous Anónimo said...

no lo conoci en persona, pero por lo que oi hablar de el de gente que estuvo muy cerca, y he visto escrito, no es de fiar, ni mucho menos, las apariencias engañan, y para nada es buena persona

5:11 p. m.  
Anonymous Anónimo said...

creo que mas de un problema tendria ese tal ramon si le gente supiera realmente como es con los demas como utiliza a la gente,y como se comporta delante de los que le puden servir para sus fines, para nada recomendable ese tipejo.

12:08 p. m.  
Blogger Samara said...

Es una pena que la gente que es algo conocida siempre tenga alguien que venga con los dimes y diretes de alguien que ha comentado que..
Todo el mundo tiene gente a la que cae bien y gente a la que cae mal y no se puede juzgar por lo que otras personas digan, hay que dar la opcion de conocerlo o dejarle el beneficio de la duda.

10:56 a. m.  
Anonymous Anónimo said...

aparte de los decires y cuentames, lo se por propia experiencia, y con una cuenta personal que ajustar con el, por que la revancha es un plato que se come frio, y despues de 15 años, que no lo veia, lo volvi a ver por el calvario con su mercedes,o sa que si lo conozco, lo que pasa es que lo que yo pensaba como un pequeño problema, en realidad el tipo es aun peor de lo que yo pensaba, y es gente defiar la que me conto ciertas cosas, yo solo se por experiencia que no se puede fiar uno de el, en cuanto puede , te la juega,y eso si es cierto y comprobado, y no por celos, envidia ni mucho menos,no tengo nada que envidiarle a ese tipo, pero es su forma de ser con la gente, la utiliza, y cuando consiguio lo que queria, mismo que se quede con problemas, alla esa persona, el solo mira para su ombligo, le da igual lo que haya perjudicado a los demas, lo importante es el.

5:21 p. m.  
Blogger ESTACION ALABAMA said...

Ramon Presley "Ramontxu" forever,e o mais grande da radio en vigo, foi unha pena por que podia triunfar a nvel nacional, eu fun productor de radio dende o 88 ata o 2004 i e moita a admiracion que teño por el, que anos aqueles cando me despertaba e cendia a radio para escoitalo, sempre foi un exemplo a seguir no mundo da radio, a pena e que agora xa apenas se faga radio local...

10:40 a. m.  
Anonymous Anónimo said...

Para Estación Alabama de Paréceunhatrola:

¿Pero a qué hora te levantabas tú para oir al Presley?
¿Qué programa era?

11:18 a. m.  
Anonymous Anónimo said...

No soy amigo de Ramón Presley pero lo que a mí me consta, por amigos comunes, es que es un gran tipo. Amigo de sus amigos y excelente profesional, como demostró hoy en el programa de las 8 en Canal Vía dando las noticias con un trancazo impresionante y aguantando el tipo.

A diferencia de otros artistas, ha sabido adaptarse a los tiempos y a la edad y es evidente lo mucho que ha evolucionado como profesional de la televisión.

Nos daba buenas vibraciones cuando cantaba y transmite credibilidad dando las noticias.

¡Enhorabuena, Ramón Presley!

Manuel Davila

11:03 p. m.  
Anonymous Anónimo said...

Doy fé que Ramon es un gran amigo de sus amigos y lo de gran profesional...no hace falta decirlo...se ve y se siente. Un saludo.

5:01 a. m.  
Anonymous Anónimo said...

eu traballei con el varios anos en Ponteareas, e non teño a mais minima queixa de el. Despois coincidimos varias veces cando el traballaba en Baiona e na Cañiza. Eu teño moi bo recordo de el e da sua parella, os cales sempre se portaron moi ben conmigo e me axudaron en algunha que outra ocasion.
victor, ponteareas

12:06 a. m.  
Anonymous Anónimo said...

eu traballei con el varios anos en Ponteareas, e non teño a mais minima queixa de el. Despois coincidimos varias veces cando el traballaba en Baiona e na Cañiza. Eu teño moi bo recordo de el e da sua parella, os cales sempre se portaron moi ben conmigo e me axudaron en algunha que outra ocasion.
victor, ponteareas

12:08 a. m.  
Anonymous Anónimo said...

Ramón Presley tódolos luns as 22:00 h en Via Deporte , tan so en Via Televisión
www.viartv.com

4:18 p. m.  
Anonymous SANTI RACE said...

RAMON PRESLEY ES UN PROFESIONAL COMO LA COPA DE UN PINO ANTES AHORA Y SIEMPRE

12:43 p. m.  
Blogger Voz en off said...

Qué bos recordos de Ramón Presley, aínda que eran tempos horteiras aqueles!

9:35 p. m.  

Publicar un comentario

<< Home