viernes, mayo 19, 2006

Sigamos

O caso é que xa van alá sesenta historias e aínda non falei do tanatorio do Neira nin do boneco que me regalou o meu padriño o día que nacín nin da nosa diversidade toponímica nin dos paseos co Pepe Mosquito. Creo que aínda terán que agardar un pouco máis. Agora, por cuestións de ventilación e prudencia, prefiro que os de Silvaoscura descansen durante un tempo. Non pecho o blog nin poño punto final aos casos da miña xente. Tan só procuro unha pequena paréntese, como cando un camiñante se detén para coller folgos e contemplar a paisaxe. O descanso hanos vir ben a todos; diso estou seguro.
A partir da vindeira semana falaremos do que cadre.

15 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Pero home ! como diría un paisano de cerca de onda nós, -o poeta de Escudeiros- Luis Antón ten un dito moi acertado pra estes casos : "Non nos torzas o camiño"!.

XulioDRabal.

12:55 p. m.  
Blogger acedre said...

Ti segue escribindo que o teu estilo notase no que fas. Iso si, que a volta da galeria de personaxes de Silvaoscura non tarde.

1:42 p. m.  
Anonymous Anónimo said...

O descanso sempre é reconfortante e reparador. Disfruta del meu ben querido amigo.

Unha forte aperta de fin de semán.
;)

1:45 p. m.  
Anonymous Anónimo said...

E seguro que o que cadre vai ser moi interesante.

3:40 p. m.  
Anonymous Anónimo said...

Pois suxírolle que nos fale dos veciños de Pousadoiro.

6:46 p. m.  
Blogger torredebabel said...

seguimos acá, contes o que contes. Apertas!

8:40 p. m.  
Anonymous Anónimo said...

Agardaremos polas túas futuras crónicas de Silvaoscura (algún día terás que pensar en recollelas noutro soporte, pois así poderán chegar a públicos complementarios aos do blogomillo). No entanto, seguiremos atentamente as túas novas propostas.

9:22 p. m.  
Anonymous Anónimo said...

Creo que este non é o lugar mais apropiado, mais colo aquí a invitación para o autor deste blog e para os blogueiros en xeral:

Desde a Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra organizamos, para o martes 23 de Maio,ás 16:15, a Resaca das Letras 2006 [RdL06], unha xornada na que buscamos reivindicar a web galega.

Queremos convidarvos a asistir, xa que o interese está asegurado ao falaren Amador Loureiro (dorfun), Berto Yáñez (chuza, aduaneiros), María Yáñez (Vieiros, todonada), Carlos Santiago (Arredemo), Marcus Fernández (codigocero) e Luis Álvarez Pousa (Tempos Novos).

Tamén agradeceriamos que puxesedes unha nota nos vosos blogs a cerca do evento, xa que da asistencia dependerá a continuidade do certame en anos vindeiros.

Un saúdo a animádevos a vir a Pontevedra este martes!

Para calquera cousa: resaka06@gmail.com

4:29 p. m.  
Blogger Peke said...

Mentres nos sigas contando todo vai ben ;)

5:40 p. m.  
Anonymous Anónimo said...

A min gústame o teu estilo, seguro que no que veña o manterás.
Unha aperta

10:13 p. m.  
Blogger folerpa said...

Non te inquedes que segurimos aquí. Unha aperta

10:28 a. m.  
Blogger Basho said...

O blogue é teu e ti mandas. Estou seguro de que decidas o tema que decidas não há-de desmerecer o feito até agora. Escritura com efeitos aditivos. Como dizia aquele comercial da tv: "se tiene o no se tiene". E ti tê-la.

Uma aperta para que te acompanhe até que voltes.

4:43 p. m.  
Blogger Nemeth said...

pois aínda que con mágoa e algo de estraño, seguirei visitando este sitio e disfrutando das túas verbas

aproveita o descanso, sempre merecido

unha aperta

6:19 p. m.  
Anonymous Anónimo said...

... dí algo. Cada día comprobo dúas ou tres veces se escribiches algo.Xa me acostumara a que estiveses aí.

10:29 a. m.  
Blogger Veloso said...

Graciñas a todos polo voso apoio. Os de Silvaoscura regresarán; queda prometido.

6:35 p. m.  

Publicar un comentario

<< Home