jueves, junio 15, 2006

Un ano

Non sei se darei fuxido dos tópicos e das emocións pequenas, pero creo que me vou arriscar. Hoxe hai un ano que botou a andar este Rei de Copas tan errático e impreciso. Quero, pois, aproveitar a data para dar as grazas a todos os amigos que vos achegastes ata aquí durante este tempo. Non sei se o blogomillo é unha república ou unha perda de tempo, pero tanto me ten. A min faime feliz entrar aquí e conversar convosco, principiar a xornada vendo que contades e formar parte desta comunidade. Se me permitides a autoterapia, direivos que noto ultimamente unha certa tendencia, da que non estou libre, á excesiva observación do blogueiro embigo. Está ben que nos xuntemos, que tomemos cafés e licores ou que mesmo cantemos baixo o branco luar, pero creo que nos convén lembrar que a blogosfera non é unha finalidade en si mesma, senón un fermoso medio de nos coñecermos e, xa de paso, de facer un pouquiño de país (ou o que sexa iso que nos une). Agardo que ninguén tome a mal as miñas palabras. Dígoas, simplemente, porque me sinto moi vencellado a isto que demos en chamar blogomillo e porque me gustaría que esta experiencia colectiva siga vizosa e primaveral por moito tempo.
Beizón a todos e Deus queira que de hoxe nun ano esteamos aquí para contar o conto.

23 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Que así sexa, Veloso, que así sexa. E en hora boa polo aniversario.

11:29 a. m.  
Anonymous Anónimo said...

Parabéns, Veloso. ¿Para cando os licores?

11:49 a. m.  
Blogger Peke said...

Parabén, Veloso.

12:05 p. m.  
Blogger folerpa said...

Beizóns Veloso. Apúntome aos licores?

12:30 p. m.  
Anonymous Anónimo said...

P A R A B E N S polo cumpreano!!!.

Moitos Beijos Veloso e moitos anos para compartir.

:)

7:26 p. m.  
Anonymous Anónimo said...

não faço idéia do que seja "blogueiro embigo" mas pra mim blogar é fundamental pra descobrir que em Brasil ou na Espanha, a gente é igual. Por isso sempre disse ( e agora posso provar, pelo menos nas poucas línguas que leio) que minha pátria é a terra. ( isso porque ainda não conheço blogs marcianos, quem sabe os há??)
abraços

11:36 p. m.  
Blogger torredebabel said...

imos estar!
Parabens!
Eu concordo co que dis pero só en parte. Penso que é normal, e pasa na evolucion de calquera persoa, ollar para si mesma durante un tempo. É necesario, deixanos coñecernos ben e diferenciarnos dos outros. Este mundo, o dos blogs, é novo e estamolo a facer mentres aprendemos del. Todo ao mesmo tempo. Se ollamos moito para nos é porque estamonos coñecendo.
Se é unha tempada, un tempiño de aprendizaxe, penso que é bo, necesario e enriquecedor.
Apertas!!!

2:30 a. m.  
Blogger acedre said...

Noraboa polo cumpreanos.
Ogalla sigas asi mais tempo...e que eu poida seguirte.

5:46 a. m.  
Blogger X said...

Parabéns dunha novata.

7:36 a. m.  
Blogger X said...

Grazas pola túa visita e por engadirme.

11:08 a. m.  
Blogger caravelete said...

Se disto quitamos o coñercermos os embigos dos veciños tampouco é mala cousa. Hai esa tendencia, pero, que carallo, tamén a hai en calquera conversa ou tertulia á que nos apuntemos. Para termos blogs máis críticos e outocríticos tiñamos que selo en tódolos contextos nos que nos expresemos.

... e a por outro, que un ano logo pasa.

11:17 a. m.  
Blogger máis alá said...

Parabéns! e a seguir compartindo as tuas cousas con nos. Que dixo algo de licores?

11:26 a. m.  
Anonymous Anónimo said...

O dos embigos é xeralizábel á humanidade enteira. Asegúroche que os encontros entre arquitectos, enxeñeiros, ou dentistas, tamén son unha marea de eu isto, eu o outro, EU EU, e máis EU. Que lle imos facer. O eu é o máis próximo que temos. Témolo tan preto!!!

Parabéns e que sexa por moitos anos. Por certo, para cándo Os Mércores de Fra? Está sendo preguizoso en saír o cuxo este, non si?

9:51 p. m.  
Anonymous Anónimo said...

De hoxe nun ano, e daquí aló muitas veces...
Bicos.

11:04 a. m.  
Anonymous Anónimo said...

parabéns polo aniversário, ainda que sexa con retraso!

8:03 p. m.  
Blogger Nemeth said...

aínda que sexa algo irregularmente nestes últimos tempos, conto con seguirte moito tempo, ogallá moitos anos.

Parabéns polo aniversario, e d'hoxe nun ano... :)

4:28 a. m.  
Anonymous Anónimo said...

Espero seguir léndoche aínda bastante máis tempo, tamén en papel. Noraboa polo aniversario
Un saúdo

7:50 p. m.  
Blogger besbe said...

Pois xúntome as felicitacións de aniversario e que siga a cousa adiante para seguir coñecéndonos todos. Un bico :)

10:58 p. m.  
Blogger Veloso said...

Graciñas a todos. É unha alegría atopar a tanta xente do outro lado. Larvó, creo que "Os mércores de Fra" sairá en outono. Mellor así, non vaia ser que se mesturen os sabores dos licores.
Apertas para todos e agardo que moi pronto teñamos ocasión de saudarnos persoalmente. Por certo, hoxe é 19. Imaxino que o Acedre xa estará por aquí. Alguén sabe algo del?

10:45 a. m.  
Blogger Marcos Valcárcel López said...

por se non o viches, tes unha mensaxe da poeta Yolanda López en
www.blogoteca.com/falamosgalego/
Espero que non che importe que reproducise alí o teu artigo-carta de suxerencias sobre o noso idioma.
Unha aperta, Marcos Valcárcel.

2:48 p. m.  
Blogger Laurindinha said...

Parabéns polo aniversario!!

1:12 a. m.  
Anonymous Anónimo said...

Chego tarde, pero ainda non pasou outro ano :D
Parabéns polo primeiro ano.

4:04 a. m.  
Anonymous Anónimo said...

nunca entrei nun blog, pero faláronme do teu mentres lía a túa derradeira novela -para min a primeira-,e coido que non ha de se-la última vez que o faga.
Botando unha ollada o que tes escrito neste recuncho, vexo que este ano foi aproveitado, e ben aproveitado.
Saúde, compañeiro de copas. e noraboa.

Poalla


(poalla@terra.es)

9:58 p. m.  

Publicar un comentario

<< Home