Non me gusta España
E dígoo, precisamente, porque, queira ou non, son español. Xa se sabe que un é libre de establecer as prioridades que queira na vida; e así eu, por exemplo, podería principiar por declararme humano, terrícola, universal, que son palabras fermosas que non comprometen demasiado. Tamén podería escoitar tan só a voz do corazón e manifestarme galego, vigués, de Silvaoscura. Pero ocorre que non é así. Por sorte laboral ou por desgraza do depósito de gasóleo, cruzo todas as semanas o Padornelo. É máis, proclamo ben alto que estou agradecido a esta terra castelá, sinto un gran afecto pola vella cidade de igrexas e murallas na que vivo e mesmo engado, por moito que a intelixencia se me rebele, que sei que dentro de dúas semanas estarei alporizado cando os rapaces de Luis Aragonés caian eliminados en cuartos de final. Son, por tanto, español, igual que loiro, miope, de profundas entradas e de ollos verdes. Non creo nas patrias nin nas bandeiras, non conto batallas nin teño un póster na casa do Cid Campeador. Pero son español.
Por iso podo dicir, con voz de sesta inconclusa e peito estragado polos cambios de temperatura, que non me gusta España, que estou farto de que esteamos unha metade contra a outra metade, que non aturo un gramo máis de hipocrisía nos poderosos e de xenreira nos débiles, que non me considero en posesión da verdade absoluta -debo de ser dos poucos- e que xa vai sendo hora de que alguén teña un chisco de sentidiño e comece a moderar os ánimos. Non sei se é boa idea falar con Batasuna ou non -eu faríao, dende logo, pero recoñezo que con pouco entusiasmo-, pero estou seguro de que este país non sairá da lama na que vive enchoupado dende hai séculos mentres non decidamos, todos, que por fin chegou a hora de escoitar aos outros. Algo ben simple e, polo que semella, moi complicado.
E por hoxe máis nada. Perdoade a inxenuidade con que falo -vai moita calor, quizabes máis de trinta e cinco graos- e permitídeme que remate dicindo que, a pesar de todo, aínda teña esperanza. Ou se cadra é fe, non sei. Nunca distinguín ben as virtudes teologais.
PS Por certo, unha mensaxe a Luis Aragonés, coa seguridade de que os sabios de Hortaleza non len este blog: pode que che vaia ben, oxalá, pero metiches a zoca deixando na casa a Oubiña. Xa te arrepentirás. Vaia, xa me saíu o típico comentario irracional e resentido. Vedes como son español?

10 Comments:
;) todo sentidiño.
por certo, terras castelás ou leonesas (do reino de león)?....
A denominación oficial da comunidade autónoma é "Castilla y León", con conxunción polo medio para evitar susceptibilidades. De feito, hai algunhas pintadas na rúa que defenden o "llionesismo", pero en xeral a xente pasa bastante de adscricións xeográficas, aínda que se supón que, tal como dis, estamos no Reino de León.
Hai que apandar co morto e tirar para adiante. Hai veces que me da reparo ser espanhol, mesmo ser galego e ata ser varon e de raza branca. Ninguen e perfecto e hai que comezar por reconhecer as nosas fallas que non son poucas.
Un saudo dende unha terra con calor pero sen chegar a esas temperaturas.
Teño entendido que segue bastante vivo o leonesismo: os cabreados porque se senten absorbidos por Castela, sendo León reino máis vello. De feito, hai moitos anos ata había un Partido do Bierzo que xogaba con isto e chegou a propugnar a adhesión a Galiza do Bierzo, seica para amolar á Junta de C.e L.
Iso, si, sentidiño e a non insultar nin descalificar a ninguén.
É certo o que di Marcos, pero tamén é verdade que os leonesistas están case todos na provincia de León. Nesta Zamora de Viriato e Bellido Dolfos non chegou a callar moito a idea.
Quedaches corto dabondo... eu penso que, sí señor, es ESPAÑOL... español, como todos, por vontade propia...
Sempre que alguén expresa a súa postura ten un punto de valentía. Estóu dacordo en todo. Eu levo 13 anos fora de Vigo, de Galicia, do meu entorno natural, da familia e os amigos, e, contra pronóstico, estóu vivo. Estiven mirando á morte de moitos, perto tamén da miña, prantéi unha árbore, teño escrito case que un libro, e teño un fillo de 5 meses. Agora, xa me ten o mesmo ser de España, Galego ou Vigués. Eu son eu, como tí es tí. E estóu bastante feliz cos meus defectos.
Non me gusta España ás veces, como non me gusto eu mesmo ás outras.
Saúdos.
Excellent, love it! Wet their pants jp tod handbag olympic ast jacket velour jacket Saab 900i Mirage management training program Leadership training videos online business trainin Reebok pedinare soccer vardenafil alpha blocker Does valtrex require a prescription Kia sephia body kits Asian schoolgirl http://www.cell-phone-ringtones-2.info/cm-303-coffe-maker.html Holiday bingo game Boating crappie rigs
estoy de acuerdo contigo,que este pais no tiene memoria y siempre se anda a buscar a enfrentar una mitad con la otra sea por lo que sea.
Publicar un comentario
<< Home