jueves, junio 08, 2006

Boa nova

Cando tiña dezasete ou dezaoito anos -xa pasaron outros tantos, ai- formei parte dunha pequena sociedade que tiña o elegante nome de Clube Cultural Saefe. Tiñamos ideas algo confusas, fermosos propósitos e unha gran ilusión chamada Galicia. O noso valedor e protector era un rapaz moito máis novo ca nós, Xaime Illa Couto, probablemente a persoa máis sabia que coñecín na miña vida. Durante algún tempo, organizamos tertulias, conferencias e algunha cea. Despois, a vida e os estudos leváronnos por lugares diferentes. Eu, por exemplo, marchei a Santiago de Compostela, onde practiquei as artes do paseo e dos bailes de salón.
Hoxe bato no xornal coa nova de que un daqueles compañeiros do Saefe, Xavier Martínez Cobas, vén de recibir o nomeamento de director xeral do R. C. Celta. É unha nova extraordinaria, e non só polo talento e a capacidade de xestión do ata agora vicerreitor, senón, sobre todo, porque me parece un magnífico sinal que unha persoa plenamente comprometida coa nosa lingua chegue a un posto de tanta repercusión pública. Xa teño comentado máis dunha vez que un dos ámbitos fundamentais para a normalización da lingua é a empresa. Se aínda por riba estamos a falar dun clube de fútbol de primeira división, con todo o que iso significa en cuestións de sentimentos colectivos, podemos concluír que a entrada de Martínez Cobas nos despachos da Praza de España debe ser saudada con optimismo.
Moita sorte a Xavier, boa e deportiva mañá para todos e, amigos, como non, como sempre, o de sempre: Alaaaa, Celta.

14 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Que sexa en hora boa, pois. E aínda o será máis se mantén as súas raíces idiomáticas unha vez chegado ao posto e non "vira" lingüisticamente polas presións. Saúdos.

2:55 p. m.  
Anonymous Anónimo said...

A verdade, vendo o que están a publicar os periódicos sobre o actual presidente do Celta e os seus tejemanejes urbanísticos... non sei se debes felicitalo ou pedirlle que saia correndo...

2:41 p. m.  
Anonymous Anónimo said...

Non me interesa o futbol, os meus sentimentos de pertenza os trato de encher doutras maneiras. Estou de acordo contigo co dos ámbitos empresariais.
Unha aperta

6:32 p. m.  
Blogger torredebabel said...

pois que teña sorte. Non tanto polo futbol. Nin polo Celta. Só por ser amigo teu xa é motivo de abondo.

8:19 p. m.  
Anonymous Anónimo said...

A mín pásame coma SZ non me interesa o futbol, pero que teña sorte o rapaz...

Unha aperta.
:)

11:51 a. m.  
Anonymous Anónimo said...

Reunións nun piso da rúa García Barbón...
Un programa en radio ECCA co Money, Money como sintonía...
É esa a tribo das serpes ou Saefes da que falamos???
Saúdos desde a lembranza difusa daqueles días.

9:16 p. m.  
Blogger Veloso said...

O piso estaba máis ben en Policarpo Sanz, en concreto no edificio onde agora está o Centro Social Caixanova. Alí era onde nos xuntabamos aquela media ducia de rapaces. Por outra banda, houbo un programa en Radio Ecca que tiña como sintonía esa enigmática canciónd de Pink Floyd. O que non había era ninguna relación entre os faladoiros dos sábados e o programa de Ecca, a non ser a presenza casual dun mesmo individuo, eu, en ambos os dous foros. Gardo moi boas lembranzas daquela época. O de Ecca, sobre todo, foi algo marabilloso. Por se cadrase que estas letras internautas chegasen ao meu compañeiro daquela aventura, o querido Antonio Rey, aquí deixo constancia de añoranza e lealdade. Saúdos a todos.

11:06 p. m.  
Blogger acedre said...

O mesmo ca Marinha e Sz, o futbol non me interesa....se ainda fose feminino...

1:45 p. m.  
Blogger acedre said...

Pero aledome polo teu amigo e se consegue que respeiten o galego por eses mundos millor ca millor.

10:49 p. m.  
Anonymous Anónimo said...

Best regards from NY! » » »

6:35 p. m.  
Anonymous Anónimo said...

Cool blog, interesting information... Keep it UP Web site developer orange county Professional realty services Black and decker one cup coffee maker buy topamax 1600's middle colonies homes clonist built http://www.term-life-insurance-low-prices-in-britain.info

1:13 a. m.  
Anonymous Anónimo said...

Very nice site! Ice hockey conditioning online poker Discovery acyclovir Zyban experience black jack casinos poker facts and statistics Adware microsoft remover spyware oem nissan seat covers webclient blackberry http://www.jobcheckingcholesterol.info/toyotapassivesafetystructure.html

6:44 a. m.  
Anonymous Anónimo said...

Keep up the good work » »

4:18 a. m.  
Anonymous Anónimo said...

Wonderful and informative web site. I used information from that site its great. vicodin weight gain Allegra lockout flooring Online+continuing+education+course Telephone answering service in long island How to calculate body fat index.bigwwworld.com Big boobs calendar webcam Paramedic jobs in florida

10:51 p. m.  

Publicar un comentario

<< Home