No Furriolo
O domingo, 27 de agosto, a partir das once e cuarto da mañá, vaise celebrar un acto en memoria dos asasinados durante a Guerra Civil no Alto do Furriolo (Ourense). Este lugar, a medio camiño entre Celanova e Xinzo de Limia, foi triste escenario dunha chea de crimes naqueles días que algúns, eles saberán por que, queren esquecer. Convido a todos os amigos do blogomillo a que se acheguen ao Furriolo e escoiten as palabras dos familiares daqueles defuntos, os versos dalgúns recoñecidos autores e o solemne e emotivo son da gaita galega. Procederase tamén á inauguración dun mural conmemorativo, obra do artista Xosé Vizoso.
Ademais, está prevista para dentro duns meses a edición dun libro colectivo en homenaxe aos caídos no Furriolo, libro que está a ser coordinado polos profesores e poetas Baldo Ramos e Xoán Carlos Domínguez Alberte.
Non esquezamos nunca.
Ademais, está prevista para dentro duns meses a edición dun libro colectivo en homenaxe aos caídos no Furriolo, libro que está a ser coordinado polos profesores e poetas Baldo Ramos e Xoán Carlos Domínguez Alberte.
Non esquezamos nunca.
6 Comments:
Que así sexa.
...en absolutamente calquera parte hai que desenterrar un pasado que non é tan pasado, non hai outra maneira de recuperar a dignidade.
Anque non vaia ó acto concordo coas túas palabras.
de xustiza é te-los na memória, e transmitir esta para que nos sobreviva, e asi sucesivamente.
Acabo de chegar dun novo acto do "Ano da memoria"; neste caso tratábase da proxección do documental "Ezkaba", sobre a fuga do forte de San Cristóbal (a máis grande da historia de Europa...). Non puiden reprimir as bágoas, algo que é inevitable en cada acto pola memoria histórica...
Agardo que a homenaxe da que falas sexa para moitos esclarecedora...
ter presente o pasado é condición necesaria para mirar con claridade o presente e saber agardar o futuro. Vaia contigo a miña presencia transoceánica, por favor...
Publicar un comentario
<< Home