Por fin chove
Agora que -seica- remataron os lumes, é bo momento para reflexionar un pouquiño e tomar medidas que eviten novas traxedias. Non son biólogo, non entendo nin unha palabra de árbores e non sei se convén reforestar ou non, pero intúo que hai dúas ou tres cousas que se cadra habería que facer:
1. Nun hipotético país normal, os políticos saberían asumir as súas responsabilidades. Cáeme ben o sr. Suárez Canal, pero creo que xa está a tardar moito en dimitir. O goberno da Xunta ten que explicar polo miúdo este absoluto desastre, sen que lles valla de excusa nin o seu suposto carácter progresista nin o pouco tempo que levan no poder nin nada. No seu día exerceron unha oposición dura. Agora correspóndelles dar explicacións. Ah, e non esquezamos as actitudes bastante patéticas do sr. Núñez Feijoo destes días. Temos unha clase política absolutamente demencial.
2. Non sei se houbo trama organizada, mafia do chisqueiro ou telepatía de tolos, pero hai que explicalo xa. Levamos case dúas semanas oíndo insinuacións que non axudan a nada. Se hai un grupo terrorista, que o desenmascaren e que nos revelen os seus propósitos e os seus medios de finanzamento. E se non o hai, que nos digan por que a todo o mundo lle interesou tanto divulgar a súa posible existencia.
3. O asunto das brigadas de extinción precisa unha revisión a fondo. Descoñezo as condicións de traballo desa xentiña, pero penso que teñen que estar moi queimados -e perdón polo xogo de mal gusto- ao ver que, despois de traballar sen descanso, aínda acaban a xornada rodeados de sospeitas. Aínda que haxa cen que deixen o pelexo no monte, con tal de que haxa un afeccionado á gasolina, abonda para que o corpo enteiro quede mal visto para unha boa parte da opinión pública. De onde provén esta situación?
4. Queremos que nos conten que van facer coa superficie ardida e que nolo sigan dicindo dentro de catro ou cinco ou dez anos, non vaia ser que de súpeto agromen urbanizacións de chalés adosados en lugares nos que supostamente está prohibido. Do mesmo xeito, sería moi conveniente que nos informasen polo miúdo da colaboración e do interese dos alcaldes en todo este asunto.
Xa vos digo que non son un experto no asunto. Agardo os vosos comentarios. Hanme axudar a comprender un pouquiño mellor todo isto que pasou. De momento, aínda non entendo nada. E beizón a San Roque ou a quen corresponda por esta choiva.

11 Comments:
Ben exposto. A ver se se chega a un amaño bo para todos pero sobre todo para o monte.
Creo que non merecemos un monte feo e improductivo.
Fuches moi claro na túa exposición ao meu parecer.
@s nos@s polític@s teñen poucas taboas, coido que as vaian collendo e que todo isto non quede nunha simple anécdota de verán.
Se cadra é unha boa aprendizaxe en moitos aspectos sen deixar de ser unha catástrofe ecolóxica e social.
Unha aperta grande.
:)
tamén eu teño esas preguntas. E ainda non atopo respostas...
Penso que os criminais son os que fixeron o lume e os que o mandaron facer, que o que desfixeron debe volver o seu. En resumen, trato como criminais, os culpables da desfeita polo lume, non criminalizar o resto, e que os políticos dean explicacións convincentes e repoboen todo o queimado, apliquen a lei e a ética.
Paideleo: todos os montes son productivos, por moi feos que sexan, gracias a eles respiramos mellor.
e.f.b. Xa sei que os bosques son productivos todos. Eu refírome máis a darlles un valor económico real que faga que a nosa xente mire nel algo valioso a cuidar e protexer. Un bosque con castiñeiros, nogueiras, faias non deixa de ser productivo, valioso e fermoso.
é curioso porque non ardeu nin un só bosque.
concordo co da demisión, para iso xa tiñamos aos de antes.
e, por certo, arrepíanme a paranoia.
unha aperta
Cando comezou todo estaba fóra e non me enterei até case cheirar o fume. As mesmas preguntas son as que temos, máis ou menos, todos.
Iso sí, expostas ben clariño e con xeito...
Concordo co das demisións ou con algún prezo político, aínda que creo que agora non é o tempo. Isto évos unha tregua...
unha aperta postvacacional
O seu post resume moi ben as miñas inquedanzas. Un saúdo.
certo!... eu só digo que aquí conflúen varios factores e a xente anda na procura dúnha única explicación ao acontecido nestes días.
Pero en canto a explicacións, se cadra é agora cando comezan a escoitarse cousas con mais sentido, mais pausadas...
saúdos.
Ten vostede toda a razón no que di. Suárez Canal é moi traballador e moi honrado, certo! Pero, ademais de traballador e honrado, tamén hai que ser competente. E todo semella indicar que, cando menos, a súa xestión nos catro primeiros días -días decisivos- foi, a todas luces, incompetente.
Isto non impede afirmar que o PP e Feijóo son uns demagogos impresentables.
Pero isto último non nos causa asombro. O primeiro si. Alfredo debería demitir. Así de claro.
Enjoyed a lot! 1976 gmc c1500 Cancer dying stage
Publicar un comentario
<< Home