Regreso
Quería falar das vacacións, das tardes mansas de Silvaoscura, dos cafés negros en Montero Ríos ou, xa postos, das miñas passeggiatas romanas, pero non podo. Queríavos falar tamén do moito que me alegrou coñecer en persoa a Xulio de Rabal e a Acedre, mais tampouco vai ser posible. Tiña idea de compartir convosco a paz de espírito que me deixaron os concertos do mestre Sabina e dos elegantísimos Pet Shop Boys, pero hoxe o corpo pide outra cousa. Nin sequera son quen de festexar como merece o Premio Antón Tovar de poesía que lle acaban de dar a Yolanda López.
Mentres Galicia siga a arder, non son persoa, non teño nome nin esencia. Son, eu tamén, un fento seco preto do lume.
Mentres Galicia siga a arder, non son persoa, non teño nome nin esencia. Son, eu tamén, un fento seco preto do lume.
8 Comments:
O lume acaba con todo: corpos, almas e espiritus. Tiña que haber unha política forestal boa e muuuuita conciencia. Namentres non se consiga non haberá onde ir.
Un saúdo.
E triste, meu Rei, que sexa así, e eses tolos merecen que alguén con mais cordura, lles fixera compoñer a paisaxe como estaba antes da queima, sen ferramenta, cas mans espidas, e mentres o fan, que coman cinza, a que eles fixeron, son asasinos, terroristas.
E ti volta o teu, contén a tristura e recupera o sorriso, porque a Natureza está por riba de nos, e de algún xeito porá a cada un no seu sitio, a lo menos eso espero.
Eu teño o mesmo sentimento ca ti Veloso, "un fento seco preto do lume" estou moi triste. Non poido entender o desapego que teñen certas persoas ao propio, á terra, sen dúbida o "terrorismo patolóxico" estase espallando.
Alégrame a túa volta.
Unha aperta de alento no medio de tanto fume.
:)
Xa o dixen en máis blogs
Asisto dende unha estupefacción absoluta a un feito que en máis dunha ocasión vivín de preto en Galicia, sinto unha profunda tristura e unha dor non exenta de rabia.
A verdade é que o deste ano xa é de máis e esmáganos a todos. Agardo que mellore a cousa e que dunha vez o lume deixe de ser problema neste recuncho do mundo.
Un saúdo enorme (non nos coordinamos nada ben, eh? un polo outro e a casa sen barrer)
na Arxentina, as herdeiras da pior dor que a nosa historia é capaz de lembrar sempre berraron: "Memoria e Xustiza". Moitos as entenderíamos se pidiran pena de morte ou xustiza popular. Pero elas sempre berraron e berran o mesmo: "Memoria e Xustiza". Eu, dende acá, berro para a miña Galiza: "Memoria e Xustiza".
Looking for information and found it at this great site... » » »
That's a great story. Waiting for more. San antonio accomodations designer handbags Download pdas Bandwidth c dedicated hosting hosting.net plan server Wisconsin stoddard tattoo removal
Publicar un comentario
<< Home