Hoxe vou ser optimista
Permitídeme que hoxe fale dunha das mulleres máis importantes da miña vida. Chámase Irea, ten tres aniños e é filla dos meus amigos Tino e Maruxa. Dentro duns días, por culpa desas miserias e grandezas que trae setembro, tócalle principiar no colexio, toda unha experiencia. No intre de matriculala, os seus pais solicitaron ensino integramente en galego. Eu, para que vos vou enganar, púxenme pesimista, como me adoita ocorrer nestes asuntos. "Pedir iso nunha escola de Vigo, tan céntrica, aí, entre as Camelias e a Hispanidade? Imposible. Seguro que lles din que para unha nena soa non se pode facer".
Pois ben, recoñezo o meu erro e anuncio gozoso que vai haber vintecinco nenos de Villalaura que, a petición dos seus pais, van aprender en galego. Pode que vos pareza pouco, unha cifra non merecente destes foguetes que estou a botar, pero reparade nun pequeno detalle: eu tamén estudei alí, no vello e querido Fleming. Cando entrei no parvulario, alá por 1974, non había un só neno galegofalante en todo o colexio.
Pouco e pouco, pero camiñamos.
Pois ben, recoñezo o meu erro e anuncio gozoso que vai haber vintecinco nenos de Villalaura que, a petición dos seus pais, van aprender en galego. Pode que vos pareza pouco, unha cifra non merecente destes foguetes que estou a botar, pero reparade nun pequeno detalle: eu tamén estudei alí, no vello e querido Fleming. Cando entrei no parvulario, alá por 1974, non había un só neno galegofalante en todo o colexio.
Pouco e pouco, pero camiñamos.
16 Comments:
Que se lle dea a oportunidade a quen quere xa é un avance fronte a tempos ben recentes en que nin iso. Un saúdo.
Pois a verdade é que é unha boa nova. Parece que as cousas avanzan, agora, porque entre raparigos de 10 ou 12 anos non escoitas unha soa palabriña en galego, co riquiños e doces que soan na nosa lingua cando son cativos!!
Temos que seguir loitando pola nosa identidade!
Nos cativos está o noso futuro.
Apertas
encantaríame poder ver a situación con tanto optimismo, pero non sei, non sei...
saúdos
En Cataluña iso é o normal; e dicir, que o que atopas son só escolas en catalán. Por iso cando vas pola rúa, malia a inxente inmigratoria de máis de 50 anos, escóitase falar en catalán. Ese é, sen dúbida o camiño.
ogallá teñas razón, o que pasa que levamos moooito retraso e por veces penso que perdemos a perspectiva. Pero é certo, é un pequeno chanzo (moi pequeno). Agardo que non o último...
Permítame poñer unha nota pesimista entre tanto optimismo e tanta esperanza.
É máis que probable que gran parte deses nenos e nenas que van ser escolarizados en galego, de aquí a pouco se pasen ao castelán, por imperativos de todo tipo.
Isto é o que lle sucedeu e sudece a moitos pais e nais que, a pesar dos seus esforzos (mercarlles e lerlles contos en galego, etc.), ven como, un día os seus fillos chegan falando preferentemente castelán.
No mellor dos casos, algúns deses nenos non esqueceran o galego, falarano ás veces, e terán unha actitude nin a favor nin en contra do mesmo. Pero o castelán será a súa lingua prioritaria.
Esta á experiencia de moita xente... e a miña tamén.
... E moitos deses pais e nais, que sempre lle falaron en galego aos seus fillos, irán pouco a pouco pregándose a unha nova dinámica linguística familiar: acabarán falándolle unhas veces en castelán e outras en galego a ese fillo ou filla. O que tacitamente é un xeito de admitir a derrota.
É un pasiño máis. Por certo, simpático iso de Villalaura.
ainda que Santiago vai facer os dous anos esta fin de semana, se estiveramos vivindo alá, tamén eu pediría ensino en galego cando chegara o momento. Ese é o camiño, tamén concordo!
Pareceme moi ben celebrar esa pinga nun oceano, Pero hai que seguir critincando e reclamando o dereiro de todos os pais a escolarizar aos ennsop en galego. A min ningúen me garantiu ese dereito co meu fillo, agardo que o ano que ven teña máis sorte coa miña filla.
Unha aperta e benvido.
Por certo para cando o libro?
A miña filla ten 3 anos, acompañados de 3 linguas. Galego aprendido en Bélxica e castelán en Galiza. Paradoxal, non?. Na garderia onde estivo o ano pasado, non houbo maneira. Cando chegamos, e chámame nai, hai xente que se ri. Por eso, benvido o que sexa, ainda que sexa anecdótico.
Coido que hai que ser optimistas e seguir a dar pasiños coma este que relatas.
Unha aperta.
:)
Pasiño a pasiño. Paseniño, pero aínda queda moito que percorrer.
Alédame que no Fleming os rapaces vaian poder estudar en galego.
No meu tempo só D. Emilio falaba e daba a liberdade para falar en galego.
Alédame que no Fleming os rapaces vaian poder estudar en galego.
No meu tempo só D. Emilio falaba e daba a liberdade para falar en galego.
Saúdos a todos. Ghanito, así que vostede tamén xogou no glorioso e mítico patio do Fleming. D. Emilio deume clase de inglés en sexto de EXB (curso 80-81, se non lembro mal). Daquela non estaba eu en condicións de observar graos de compromiso lingüístico, pero paréceme que tamén falaban galego Sousa, D. Luís, D. Antonio (aquel que tiña un alcume que non imos repetir aquí)... Iso si, na clase só o empregaba o profesor de galego, ninguén máis.
Publicar un comentario
<< Home