La estupidez avanza
Acabo de ler no xornal "La Voz de Galicia" un artigo de Xosé Carlos Caneiro titulado "La estupidez avanza". Non me interesou en absoluto o seu contido. Xa sei que hai moitos programas de telelixo, cada vez máis, pero non por iso vou ser eu quen crucifique a quen os ve. É máis, teño moi comprobado que Jorge Javier Vázquez produce en min efectos somníferos moi beneficiosos para a miña saúde.
No entanto, quería pararme a pensar sobre o feito de que Caneiro, un dos nosos escritores máis premiados e publicados dos últimos anos, escriba en castelán na prensa galega. Evidentemente, está no seu dereito de facer o que lle pete. Bieito Iglesias Araúxo ou Alfredo Conde escribiron obra narrativa en castelán nos últimos anos e non por iso deixamos de consideralos autores sobranceiros do noso sistema literario. Mesmo lle aplaudimos os éxitos colleitados cando trocaron a lingua de Cabanillas pola de Clarín (xa sei que sempre se di Rosalía e Cervantes, pero haberá que cambiar de retrouso algún día).
Pero o cambio de Caneiro, un escritor ao que admiro dende que lin o seu excelente "Un xogo de apócrifos", lévanos a formular varias preguntas para as que non é doado atopar resposta. Son as seguintes:
1. Ten algo que ver na actitude do de Verín as críticas, ao meu ver inxustas e de moi mal gusto, que lle fixeron nos últimos meses nun blog presuntamente literario que asina outro narrador multipremiado?
2. No caso de ser así, non estará a ver Caneiro grandes confabulacións onde non hai máis que xenreiriñas particulares?
3. El non será que o xornal La Voz de Galicia esixe aos seus colaboradores que escriban en castelán? Aceptaría Caneiro tal presunta proposta? A cambio de que se pode aceptar algo así? Merecería un xornal que fai isto seguir denominándose Voz de Galicia? Velaquí o "compromiso dun título" do que falaba hai algúns meses o egrexio editor?
Todo isto, que conste, é un falar. A min tanto me ten o que faga cada un coas súas letras. Non creo que a lingua galega vaia desaparecer por moito que Caneiro se pase ao castelán, do mesmo xeito que non creo que se vaia salvar grazas á obra literaria do camareiro do Cabaret Voltaire. O problema, desafortunadamente, non está no mundo dos libros, senón nas rúas, nos colexios, nas oficinas e nos amores. É aí onde verdadeiramente doe que o galego estea a perder usuarios. O demais é unha pura anécdota, pero xa se sabe que, ás veces, o sistema literario semella unha árbore estraña e multiforme que nos impide ver que xa hai tempo que ardeu o monte.
Unha última cousa: como sei que a Xosé Carlos Caneiro non lle gustan os anonimatos (a min tampouco), remato asinando en Zamora, a vintenove de agosto, día en que Salomé ordenou a decapitación de San Xoán Bautista.
Xurxo Sierra Veloso

12 Comments:
Eu tamén lin un artigo de Caneiro e estrañoume miralo escrito en castelán. Tampouco sei os motivos do cambio de lingua pero semelloume unha pequena traizón que xa lla teño perdoada, por suposto.
Hai tempo misturaba as dúa linguas dun xeito cando menos peculiar. Polo demais estou dacordo contigo, que Caneiro escriba como lle pete, o que conta é a rúa, e estase perdendo...
un saúdo
Pois a min si me importa este bilingüismo harmónico todo vale.
pois eu penso que o silencio do galego na vida de todos os días, nos xogos dos nenos, nas clases da escola, nos amores e desamores conectase perfectamente co sistema literario galego. Non vexo que sexan dous fenómenos diferentes senón momentos dunha mesma historia. Tamén, claro, penso que cada quen usa a lingua que mellor reflicte as suas ideas. E tamén penso que esa elección non é inocente.
Torredebabel, aí falaches! :)
Veloso coma sempre o teu xeito de expresión gústame e concordo firmemente contigo e con Torredebabel.
Unha aperta.
:)
Preciso, exacto, correcto!
É imposible non estar de acordo con vostede, señor Veloso.
Non é unha boa nova. Pero que ninguén esqueza que Caneiro é un dos máis grandes.
Náufrago, non o esquezo, precisamente por iso me amola o tema.
Ola Xurxo! Xa lin o graciosísimo relato "Dúbidas de María", mais de momento Ana e mais eu non podemos pensar en debuxo algún. Temos que ver as páxinas finais e definitivas do relato, pois en función do contido de cada unha, idearemos o debuxo que lle corresponde. Agardámolas con ganas! Un bicazo de Yoli!
VV-> Valente, Veloso.
XuliodRabal
Graciñas a todos pola vosa participación. Segue a ser moi emocionante entrar no blog e atopar novos comentarios.
Publicar un comentario
<< Home