Cavilacións do xuntador de letras
Seguindo unha conversa que principiaron no seu día Náufrago e Folerpa.
Recibo un amable correo electrónico de Xosé González, de Redondela, no que me pide algúns datos para un dicionario de escritores funcionarios que está a preparar. Non cabe dúbida de que este que aquí golpea o teclado traballa na función pública; outra cousa ben distinta é que sexa escritor. Por unha cuestión de prudencia e hixiene mental, preferirei sempre outras adscricións menos comprometidas. É certo que dende neno sempre sentín a necesidade case enfermiza de levar ao papel historias e sentimentos, pero non considero que este simple feito me autorice a autonomearme escritor. Tamén son vello afeccionado a dar patadas aos balóns e non por iso me podo chamar futbolista.
Por outra banda, a literatura é un dos poucos territorios nos que o intrusismo é un valor positivo. Aquilo que nos faría tremer nun urólogo ou nun fisioterapeuta é totalmente saudable nun xuntador de letras: convén, para o meu gusto, que os que escriben non sintan a necesidade de se converter en profesionais, nin fagan moito caso das críticas (das boas e das malas), nin se organicen en demasiados comités, xuntanzas, clubes e asociacións, nin dubiden á hora de retirarse temporal ou definitivamente dos escaparates das librarías. Claro que tamén poden facer todo o contrario e non habería nada que reprocharlles. O único que se debe esixir ao que escribe é que actúe con absoluta liberdade. E, xa de paso, se pode ser, que sexa consciente de que é moi improbable que os seus libros vaian cambiar o mundo.
Con todo, insisto: eu quería ser dianteiro centro do Celta. O demais son circunstancias.

16 Comments:
Supoño que unha cousa é escribir e outra escribir ben e cousas que pagan a pena ser escritas. Eis está o filtro que separa o auténtico dos refugallos que produce toda actividade.
PD cómica: o urólogo sempre dá medo. Moitísimo. Tanto ten que que estea libre de intrusismo ao 100%. Hai cousas que asustan por si mesmas.
Não seja tão crítico com você mesmo! Se você escreve ( e bem) é escritor e ponto final. Se você gosta de futebol e joga, é jogador! Agora se vão publicar nossos livros ( também gosto de escrever) ou se algum time da primeira divisão vai te contratar, o problema é deles, não nosso..:)
Concordo totalmente co que apuntas no texto. Nunca me gustaron as palabras absolutas e menos para definir a "arte" ou a "non-arte". Un debe ser sempre un humilde aprendiz...
Escribiches un libro, polo menos, e o tes publicado e recibiches algún premio. Tes, polo menos, un lector. Meu, polo que eu entendo por ser escritor ti tes todo o dereito do mundo a ir pola vida con ese apelido: Veloso, escritor. A non ser que teñas un “negro” no fondo do armario. Eu diría máis, es un bo escritor: Veloso, bo escritor.
Penso que do que ti falas é de escritor como o de persoa que ten por oficio escribir ou que gaña cartos suficientes para vivir co que escribe. Pero si foras un deses seguro que non te ias divertir tanto como agora.
non sei que tal chutarás a bola, sei que o de escribir non o fas tan mal... Pero considerar que non rematamos o camiño dá forzas pra seguir adentrándonos nel...
unha aperta
Estou con Nemeth, diante dun balón non coincidimos nunca, pero como xuntador de letras es xenial!!. A fin de contas tanto ten como che guste ou non que te chamen o caso é que, o que fas, está ben feito e disfrutas del. Xa sabes aprendido non naceu naide e tampouco hai naide con todo aprendido. Asi que diso se trata dir aprendendo de todo e con todo sin prisa pero sin pausa. Considero que se pode ter unha aprendizaxe ampla pero completa (co que iso significa) non. É o encanto do camiño e o tempo...
Unha aperta.
:)
Pois se non eres escritor disimúlalo mui ben.
Un saúdo.
Foi, simplemente, un ataque de modestia. Veloso é escritor e ten un futuro por diante.
Concordo contigo, unha cousa é profesar e outra profesionalizar, dunha vívese e da outra cómese. ás veces, ambas as dúas coinciden.
Unha aperta
E eu que non me lembro da conversa, debe ser a proximidade do meu aniversario que me atorda. De todos os xeitos concordo punto por punto co exposto agás no de ser dianteiro centro do Celta. Eu quería ser paleantólgo e percorrer o mundo á procura de fósiles de dinosauros. O demáis son circunstancias.
Unha aperta.
Como sempre, graciñas a todos polas vosas palabras. Carqueixa, o día do 7-0 ao Benfica foi memorable. Lembro que ía viaxando en tren de Zamora a Vigo e non cheguei a tempo para o partido, pero si para escoitar os últimos goles na radio da vitrasa. Folerpa, referíame a un post teu e mais outro do Náufrago de hai algúns meses. Paideleo, seguimos a agardar as túas novas. Apertas a todos.
Sigo sen novidade no dia do teu aniversario (que tamen e o aniversario da minha voda).
Un saudo.
El humilde escriba está en vías de extinción...ahora parece imperar el complejo de escritor, y todos creen llevar uno dentro, a veces, cueste lo que cueste.Xuntador de letras es incluso más apropiado para el verdadero gremio que afortunadamente aún teme autocalificarse como "los grandes". Seguro que alguno de ellos dijo que en la modestia está la virtud.Enhorabuena.
A min gústame o que escribes e o mundo non o cambiará ninguén pero seguro que deixamos pegada nalguén e se é con boas historias,mellor.
Parabéns (que o martes non puiden desexarchos) e a seguir facendo/escribindo cousas que che gustan e nos encantan. Bicazos!
Graciñas, Paideleo e Besbellinha, por vos lembrar do meu aniversario. Polo de agora, os 37 estanme a sentar sorprendentemente ben. Apertas aos dous.
Jaureguizar, agradézolle moi sinceramente a visita e o comentario. A discrepancia é sempre enriquecedora. Volva cando queira.
Who knows where to download XRumer 5.0 Palladium?
Help, please. All recommend this program to effectively advertise on the Internet, this is the best program!
Publicar un comentario
<< Home