Os de Silvaoscura (64)
Cando se trata de previsión empresarial e optimismo nos negocios, lembro o caso dun tratante de Ludeiros que facía a roupa onde o meu tío Senén, xastre de sona. Segundo conta o meu tío, o tratante esixía sempre que os petos tivesen un tamaño amplo, axeitado para que coubesen nel os billetes de mil pesetas, daqueles que, como moitos lembrarán, levaban a efixie de San Isidoro de Sevilla.
11 Comments:
Boas noites:
Buscando en Internet información sobre o meu tío-avó Luis Soto atopo neste blog unha referencia eloxiosa ós seus anos de docencia. A entrada o 13 de febrero deste ano.
Moitas gracias pola lembranza da faceta menos coñecida do tío Luis, toda vez que as outras páxinas que aparecen en google salientan a súa loita política. Para aqueles que sintan curiosidade as súas memorias están editadas no libro "Castelao, a UPG e outras memorias".
Unha aperta forte.
Croniamantal, alégrome moito de que o universo Internet nos permita coincidir e saudarnos. Asegúrolle que o meu avó, que ten actualmente 83 anos, garda unha lembranza profunda e moi afectuosa de Luís Soto. Un saúdo moi cordial.
Alégrome de ter outra vez novas da xente de Silvaoscura. Eu lembro que meu avó, tamén feirante, xamáis levaba os billetes na carterira senón todos xuntos dobrados e atados cunha goma no seu amplo peto.
Unha aperta
pois tamén alegrome, e moito! os meus avós, como conta folerpa, tamén levaban os cartos no peto e tamén atados cunha goma. Eu o da goma xa non, pero non uso carteira: levo documento e cartos nun sobre pequeno...
Alédome muitísimo de saber de novo de Silvaoscura e as súas xentes.
Un saúdo neste descansiño da vendima.
Veloso, que grato saber de novo da túa tribo de Silvaoscura!
Saúdos. Séguesete.
Parabens, ao retorno da estirpe Silvaoscuriana.
XulioDRabal
Que tropa estes feirantes! :)
unha ledicia/delicia volver saber de silvaoscura!
unha aperta
Aínda me lembro deses billetes, e iso que na miña nenez xa ían de retirada (teño 30 tacos). E lémbroos por iso. Cando os vía, quedaba admirado por todo o que se debía poder mercar con aquel pedazo billete... tardei algún tempo en comprender que non existía unha verdadeira relación tamaño/prezo
Saúdos
Sorpresa e satisfacción de volver a encontrar aos de Silvaoscura de novo.
Un saúdo
Caramba que ledicia me da volver a ler andanzas en Silvaoscura.
Foi unha grata sorpresa.
Ainda me alegra esta tarde na que ainda non desapareceu de todo a lumbalxia...
Unha aperta grande.
:)
Publicar un comentario
<< Home