Linguas mortas, linguas agoniantes
Chamo ao Hospital Xeral de Vigo para falar coa miña amiga Maruxa e felicitala pola súa recente maternidade. A gravación do contestador maniféstase nun galego falso, carente de sintaxe e fonética. Despois duns segundos, xorde unha voz real que me atende nun fermoso acento das Rías Baixas, pero en castelán. A voz non muda de idioma a pesar de eu, usuario do servizo, empregar o galego na miña pregunta.
Vexo a misa da TVG na compaña dos meus avós. Despois da habitual entrada apacible do Padre Isorna, chega o momento das lecturas. A primeira faina unha muller de mediana idade que non fai máis que zopar e trabucarse. A sensación xeral é de desasosego e a mensaxe bíblica cae na máis absoluta "incomprensibilidade". Isorna abana a cabeza docemente. Ben se ve que a muller non tivo a sorte de recibir clases de galego durante a súa infancia. A segunda lectura faina unha rapaza adolescente. Ten máis seguridade, pero a pronuncia é preocupante e hai atrancos con palabras concretas. Ao chegar a "seitura" sobrevén un pequeno caos. As leis de normalización lingüística, conclúe o neto dos meus avós, fracasaron rotundamente. Moitos dos rapaces de hoxe falan galego coa mesma soltura con que pode falar italiano un fanáticos dos fascículos. É a nosa lingua, pero como se fose unha lingua estranxeira.
Recibo unha chamada dunha rapaza moi amable, funcionaria do Departamento de Cultura do Concello de Ourense, para me avisar do día de entrega do Premio Risco. Fala todo o tempo en castelán, aínda que seguramente tivo proba de galego nas oposicións. O Premio Risco, por certo, pretende homenaxear a un dos grandes escritores no noso idioma. Ou iso supoño.
Nas últimas semanas naceron Leilía, Aldara e Leo. Deséxolles de todo corazón un futuro que sexa a vez galegofalante e políglota. Sobre todo, que teñan saúde e felicidade.

12 Comments:
Pois fillo, que queres que che diga, que vai ser complicada a normalización do galego,con tanta variante e, sobre todo, con tanto "castrapo" que hai rondando por ahí e non digamos, castelán mal falado con algún termo "medio-galego" atrapado na conversa, como ti amosas no teu artigo. É unha mágoa. Andamos a voltas con este tema, polo menos en Ourense cidade, de onde son eu, o galego desaparece! Cabréame!desaparece a paisaxe, a lingua e só temos visita de mareas negras, incendios e agora, inundacións! Ai a nosa Galiza!
Vés de facer unha radiografía perfecta do país - esquizoide - que somos.
AMEN, que descanse en paz.
Nunca esquecei aquela cámara-oculta que lle fixeron a un coñecido presentador da TVG na que, cando cría a cámara acesa, defendía o uso do galego vehemente, e amosaba a súa preocupación pola diminución de falantes. En canto a cámara supostamente deixaba de rodar, automáticamente pasaba a castelán, cámaras e equipo incluídos.
Moi sintomático. E moito diletante na TVG.
Évos o tempo que nos toca vivir.
Grazas polo teu comentario, compañeiro!! e a seguir blogueando!
:) eu sempre comentei irónicamente q paco vázquez falaba un excelente galego (en castelán) e moitos directivos do bloque un mal castelán (en galego). paciencia.
É arrepiante chegar á Xunta e comprobar como @s funcionari@s ainda te reciben en castelán nalgúns casos claro. E o peor é que che faigan correccións en perfecto castelán. En fin...
Unha aperta.
:)
O que di Larvós non se reduce só a presentadores de TV.
Está tamén prresente en non poucos escritores/políticos que defenden publicamente o idioma con gran vehemencia, pero que despois, na súa vida diaria, tal vehemencia brilla pola súa ausencia.
Se isto é así, como non vai ocurrir tal cousa cunha simple funcionaria dun concello ou da Xunta?
A xente non é parva e moitas veces dase conta da hipocresía que arrodea a non poucos defensores do galego.
Non son críbles socialmente, e o resto da xente "normal" fai o que sae do... Ben mirado, é lóxico.
xa comenzo a pensar que o meu é manía: chega que Veloso sintase pesimista respeito á lingua, para que chegue eu cunha historia de optimismo. O mércores pasado, foi presentada a revista ReNova Galiza en Bos Aires. Os panelistas acordaran facelo en castelán por consideración aos xornalistas arxentinos que tiñan a amabilidade de cubrir o acto. Pero, na metade do asunto, un deles pasou naturalmente ao galego ata rematar o que tiña que decir. Ninguen o notou. Nin os xornalistas que dís despois publicaron o artigo sen erros nunhas citas que foran ditas en galego. Moitas veces, é mais autocensura que outra cousa...
Viva a lingua que mellor fala de nos!
O Leo terao dificil pero algo farei.
Un saudo.
Eu acho que Veloso dá no cravo quando saúda o nacemento de novos possíveis falantes. A nossa esperança são os nossos filhos, que haja uma geração que supere complexos e problemas (em muitos casos artificiais) e falem galego naturalmente.
Publicar un comentario
<< Home