martes, octubre 17, 2006

Vítimas

Sen retrancas nin ironías, felicito moi sinceramente a Marta Rivera de la Cruz polo éxito que acadou no Premio Planeta. En relación coa entrevista que publica hoxe o Faro de Vigo, agardo que ningún medio de comunicación nin ningunha institución pública ou privada discrimine nunca a ninguén polo idioma no que escribe. Do mesmo xeito, espero que os nosos xornais, eses que se din galegos, dediquen igual entusiasmo e espazo aos premios sen dotación multimillonaria nin presenza principesca. Por último, encantaríame que os escritores, estes e aqueles, dedicasen máis tempo a gozar da divertidísima actividade de crear historias e menos ao monótono fungar do vitimismo.

17 Comments:

Anonymous Anónimo said...

O dito. Un escándalo.

8:52 a. m.  
Blogger Moralla said...

ROTUNDO, DIRECTO E AO GRAO, SIN RODEOS. MOI BO, CAMARADA. HONESTIDADE BRUTAL, COMO "House". Un bicazo de mañá a ti tamén. Os debuxo do teu libro xa marchan. Mais aviso, os meus sonche moi coloristas.
Y

9:54 a. m.  
Blogger X said...

Tamén eu levo tempo agardando que muden os criterios de enfocar as páxinas culturais dos nosos medios de comunicación.

10:43 a. m.  
Anonymous Anónimo said...

Penso que non se pode dicir mellor, total e absolutamente de acordo, parabéns polo comentario.

11:15 a. m.  
Blogger folerpa said...

Amén

11:29 a. m.  
Blogger máis alá said...

Si, de verdade, se sinte discriminada debería loitar contra esa discriminación e non esperar o momento de maior difusión das súas palabras para unha vendeta persoal. Que diga ben alto:"Son galega e, aínda que escribo en castelán, quero dar conferencias sobre a cultura galega e quero que me teñan en conta para dedicarme o Día das Letras Galegas"

12:05 p. m.  
Blogger Silvio Falcón said...

Algo semellante escribín eu no meu blog. Suscribo o comentado.

Saúdos

5:56 p. m.  
Blogger folerpa said...

No Faro da Cultura de hoxe dan conta da sáida do prelo dos teus Mercores de Fra. Coma sempre en Sotelo Blanco a cuberta é moi fermosa.
Cando estará nas librarías ?
Vémonos mañá na Casa do Libro ?

Unha pareta

10:23 a. m.  
Blogger Laurindinha said...

Moi ben!!

4:25 p. m.  
Anonymous Anónimo said...

Claro que si Veloso, aplaudo as túas palabras.

Unha aperta.
:)

5:48 p. m.  
Anonymous Anónimo said...

Xurxo querido,

Sou Gustavo, o tipo vasco que estivera no Ramon Pinieiro no veran de 1997. Perdona o meu galego que e moi pobrinho, mais ainda acordome de algunhas coisas i podo escriber en galeniol o espalego. Descubro con gran pracer que tens este blog e que ainda cultivas a escritura na doce parla do meu amigo Celso Emilio Ferreiro.
Como sigue a vida? Si me das o teu e-mail, escriboche pronto.
Unha aperta gorilera,

Gustavo

7:24 p. m.  
Blogger torredebabel said...

Eu penso (e non é mais que unha idea miña) que se Marta Rivero usa o castelán será porque é a lingua que mellor reflicte o que ela quere decir. E esa non é unha escolla inocente.

10:45 p. m.  
Blogger Veloso said...

Nestas mañás de choiva e outono, é reconfortante atopar tantas visitas e tantas palabras amables no blog. Graciñas a todos.
Gustavo, que sorpresa tan fermosa saber de ti despois de tantos anos. Escríbeme a xsv@usal.es e cóntame como che vai a vida. Unha aperta.

10:48 a. m.  
Blogger paideleo said...

Está no seu dereito e deséxolle sorte en todo o que propoña. Iso si, tamén desexo sorte ós que escriben en galego ou calquera outra lingua.

12:16 p. m.  
Anonymous Anónimo said...

pois eu son mais do que dixo ferrín no tortoni, se quere comer do pastel que axude a facelo e se non que coma do seu, até aí podiamos chegar.

7:34 p. m.  
Anonymous Anónimo said...

A min esa muller non me da pena ningunha; se escribe en castelán será porque quere vender máis, o cal é moi respetable, pero que non espere palmadiñas nas costas. Cada quen que elixa e apechugue coa súa escolla.

10:40 a. m.  
Anonymous Anónimo said...

Desculpando, estou de acordo con anónimo e Ferrín. O sistema literario galego non é o sistema literario español. A ver se non confundimos o Touriño coa velocidade.

3:56 p. m.  

Publicar un comentario

<< Home